Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
SINATURA DE CATRO CONVENIOS CON ENTIDADES DEPORTIVAS DE NARÓN
Son a Agrupación Deportiva Náutico de Narón, Club Cidade de Narón de Fútbol Sala, Club de Remo Narón, e Club de Tenis de Mesa.
Narón, 14 de Abril de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e os presidentes das entidades Agrupación Deportiva Náutico de Narón (Mª José Suárez Sabín), Club Cidade de Narón de Fútbol Sala (Miguel Rodríguez Aneiros), Club de Remo Narón (José A. Santos Viladóniga) e Club de Tenis de Mesa Cidade de Narón (Fernando Montero Bellas) asinaron hoxe catro convenios de colaboración para a realización de actividades deportivas durante este ano 2010. En conxunto, o Concello adicará 148.000 euros a estos catro convenios, que forman parte dun orzamento de 529.000 euros destinados a 15 convenios con entidades deportivas de Narón. O Alcalde de Narón explicou que se trata dunha partida moi importante e que supuxo un grande esforzo económico para o Concello de Narón especialmente neste contexto de crise económica. “Tivemos que axustar moito os orzamentos municipais deste ano para mantener o noso apoio ó deporte, e tamén á infancia, á dependencia, e á cultura. Son dereitos adquiridos que os cidadáns non poden perder”, declarou Jose Manuel Blanco. O rexedor lembrou que unha das obrigas do Concello é potenciar e promocionar os diferentes deportes que se practican no municipio e a este respecto felicitou ós clubes de Narón polo seu traballo e os seus éxitos. Pola súa banda, a Concelleira de Deportes fixo un chamamento a tódalas empresas de Narón para que “apoien o máximo posible as actividades deportivas, involucrándose a través de patrocinios ós clubes. Temos que pensar no deporte non só a nivel competitivo senón tamén coma un beneficio social”, declarou Natalia Hermida. A edila tamén felicitou ós clubes por chegar ata aquí “a pesares das súas dificultades, especialmente o Náutico de Narón que o tivo máis difícil a causa da folga de monitores nas instalacións deportivas”. En representación destas catro entidades deportivas falou o presidente do Cidade de Narón de Fútbol Sala. Miguel Rodríguez Aneiros agradeceu ó Alcalde e á Concelleira de Deportes a súa sensibilidade con este colectivo. As axudas que recibirán as entidades deportivas son as seguintes: -Agrupación Deportiva Nautico de Narón: 30.000€ -Club Cidade de Narón de Fútbol Sala: 98.000€ -Club de Remo de Narón: 8.000€ -Club de Tenis de Mesa Cidade de Narón: 12.000€ Posteriormente, o luns 19 de abril o Alcalde de Narón asinou un novo convenio de colaboración coa Agrupación Deportiva Santiago Apóstol para o fomento do baloncesto. Esta entidade naronesa recibirá durante o 2010 un total de 18.000 euros ó amparo deste acordo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal