Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O VII CERTAME DE HABANERAS SE CELEBRA ESTE FIN DE SEMANA NO AUDITORIO
A entrada é libre, e participan sete corais de distintos lugares do país.
Narón, 15 de Abril de 2010.- O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e o secretario da Sociedade Cultural Areosa, Bruno Mauriz, presentaron hoxe en rolda de prensa o VII Certame de Habaneras de narón que se celebra os días 17 e 18 de abril ás 18:30 horas no Auditorio Municipal da Praza de Galicia. Este certame, organizado pola Sociedade Areosa, conta coa colaboración do Padroado de Cultura e da Deputación de A Coruña. As actuacións se repartirán nas dúas xornadas, do seguinte xeito: Sábado 17: actuación da Agrupación musical do Centro de Maiores de Caixa Galicia (Ferrol), a Coral Airiños de Caranza (Ferrol), e o Coro de Adult@s Udaberría de Vitoria (Euskadi). Domingo 18: actuación da Coral A Traiña de Cariño, Coral Polifónica de Melide, Coral Polifónica de Arbo (Pontevedra), e Coral da S.C. Areos de Piñeiros. Ademáis estaba prevista a actuación da agrupación Coral Fenianos Portuenses de Oporto (Portugal) aínda que por motivos de forza maior non poderá asistir. A entrada é libre, e dende a Asociación Areosa convídase a tódolos veciños a disfrutar de dúas tardes de música entorno á habanera “un xénero de grande implantación no noso país e moi vencellado á emigración”, declarou o seu secretario, Bruno Mauriz. Este certame lévase celebrando dende o ano 2004 como unha das principais actividades da Sociedade Cultural Areosa, e as agrupacións participantes poden interpretar 4 temas (establecendo coma condición que 3 deles sexan habaneras, e deixando a libre elección o xénero da cuarta canción).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal