Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
FIRMA DE CONVENIOS CON CAIXANOVA PARA A PROMOCIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS
FIRMA DE CONVENIOS CON CAIXANOVA PARA A PROMOCIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS
A entidade patrocinará unha obra teatral e un espectáculo de danza.
Narón, 22 de Abril de 2010.-O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e o director comercial en Galicia de Caixanova, Gabriel González Eiroa, asinaron hoxe no Concello un convenio de colaboración para o patrocinio de dúas actividades culturais que se celebrarán en Narón. Serán o espectáculo teatral Adulterios (o 16 de maio ás 19:00 horas no Pazo da Cultura) e a obra de danza La buena Memoria (o 5 de xuño ás 20:00 horas no Pazo da Cultura).

A obra Adulterios, inspirada nun texto de Woody Allen, está protagonizada polas actrices María Barranco e Miriam Díaz Aroca, entre outras. O espectáculo de danza La buena Memoria ten coma figuras ós bailaríns Aída Gómez e Antonio Márquez.

Trátase de dous espectáculos de grande nivel cultural, que non sería posible contratalos de non ser polo patrocinio dunha empresa privada, coma é o caso de Caixanova. Así o expresou o Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, quen salientou que a entidade bancaria “acertou na súa colaboración cun concello coma o noso, que é un referente en programación cultural e tamén en infraestructuras culturais coma o Pazo da Cultura, que, teño que decilo unha vez máis, foi sufragado unicamente polos veciños de Narón”, declarou.

Pola súa banda, o director comercial de Caixanova felicitou ó Alcalde –en nome do Concello- por conquerir que Narón sexa a 8ª cidade de Galicia en número de habitantes. “Esta cidade representa un soplo de aire fresco no contexto de crise económica no que estamos, e realmente é certo que Narón é unha localidade singular cunha realidade social emerxente”, comentou Gabriel González Eiroa.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal