Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O MUSEO DA POLICIA ORGANIZA AS I XORNADAS DE PORTAS ABERTAS
O MUSEO DA POLICIA ORGANIZA AS I XORNADAS DE PORTAS ABERTAS
Poderá visitarse do 5 ó 15 de abril, de luns a sábado en horario de 18:00 a 21:00 horas.
Narón, 27 de Abril de 2010.- O Concello de Narón organizará as primeiras Xornadas de Portas Abertas para visitar o Museo da Policía Local e a súa área deportiva, con motivo do 50º aniversario do corpo municipal (1960-2010). Este museo, con entrada de balde, estará aberto ó público do 5 ó 15 de maio en horario de visita de luns a sábado, de 18:00 a 21:00 horas.

O Museo da Policía Local está ubicado no interior do Cuartel da Policía Local, na Nave de Servizos (estrada de Cedeira, kilómetro 1). Con motivo destas Xornadas de Portas Abertas, o museo exhibirá tamén unha colección de pintura de tres artistas naroneses. Serán as acuarelas de Jose Manuel F. Sánchez, os óleos de Antonio Quintía Basoa, e os debuxos de N.S.D.

-A exposición de acuarelas de Jose Manuel F. Sánchez está formada por 10 obras: Ferramenta 1, Ferramenta 2, Ría de Ortigueira, Pazo de Isabel II –Neda-, Mera de Arriba, Descanso no rueiro, Mendigo, Tarugueiro, Ortigueira, e Pazo da Merced –Neda-.

-A exposición de óleos de Antonio Quintía Basoa consta de 14 obras: Queixos do muiño, Collendo uvas, Área recreativa, Músicos ambulantes, Dornas varadas, A vendimia, Campesina cavando, Casa do Muiño-Prados, Recollida do millo, O paso do río, A promesa, Rio Xubia, Lavando a roupa, e A Tenda de Maside.

-Haberá tamén unha exposición de varias modalidades de debuxo de N.S.D.

Durante os 10 días que permanecerá aberto ó público o Museo da Policía Local, os visitantes poderán contemplar unha retrospectiva de uniformes e útiles de traballo antigos, coma a primeira arma que tivo a Policía Local de Narón. Entre o listado de obxetos expostos figuran tamén cascos, gorras, defensas, grilletes, walkie-talkies, e sonómetros, ademáis dunha colección de fotografías antigas.

A Policía Local de Narón foi fundada no ano 1960, estando formada por dous axentes. Na actualidade, a plantilla consta de 36 policías (1 Intendente, 2 Inspectores, 6 Oficiais, e 27 axentes). O programa de actos para conmemorar o
50º aniversario da Policía Local continuará desenvolvéndose nos vindeiros meses deste ano 2010.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal