Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
FEIRA DO TROCO DE LIBROS NO CEIP PONTE DE XUVIA
FEIRA DO TROCO DE LIBROS NO CEIP PONTE DE XUVIA
Os escolares do centro intercambian libros durante os recreos desta semana.
Narón, 28 de Abril de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e a Concelleira de Ensino, Mª del Carmen Espada, visitaron esta mañá a I Feira do Troco de Libros que organiza durante esta semana o CEIP Ponte de Xuvia. Trátase dunha iniciativa xurdida do equipo encargado de dinamizar a biblioteca pública deste centro de ensino, e que trata de fomentar a lectura nos rapaces/as, ó tempo que se homenaxea tamén o Día do Libro (23 de abril).

A Feira estase a celebrar durante esta semana (do 26 ó 30 de abril) no recreo dos estudiantes, e consiste nun intercambio de libros que eles mesmos traen das súas casas e que atópanse en perfecto estado de conservación. A comunidade educativa do CEIP Ponte de Xuvia entrega a cada nen@ tantos vales coma exemplares traia éste da súa casa, para canxealos pola mesma cantidade de libros, de entre os exemplares expostos en dúas mesas.

Segundo comentou o director do CEIP Ponte de Xuvia, Carlos Pena, trátase dunha actividade participativa que permite que os nenos e nenas se interesen pola lectura. Nos mesmos termos expresouse a Concelleira de Ensino, Mª del Carmen Espada, comentando que o troco de libros “é unha boa idea para fomentar a lectura entre os nenos e nenas, que ademáis resulta práctica porque así comparten os libros”.

Finalmente, o Alcalde de Narón engadiu que o nivel de actividade e participación dos centros de ensino neste municipio é moi elevado, o que demostra “que ós colexios non se ven só a aprender senón tamén a participar e colaborar”, declarou.

No Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Ponte de Xuvia estudian un total de 187 alumn@s. Na Feira do Troco de Libros interviñeron os escolares de 3º de Educación Infantil e tódolos de Educación Primaria, sumando perto de 300 exemplares de libros.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal