Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PAZO DA CULTURA ACOLLE AS EXPOSICIÓNS 'GALICIA DIXITAL' E OS 25 ANOS DE HISTORIA DA CRTVG
O PAZO DA CULTURA ACOLLE AS  EXPOSICIÓNS 'GALICIA DIXITAL' E OS 25 ANOS DE HISTORIA DA CRTVG
Poderán visitarse ata o 4 de maio, con entrada gratuita. Consulte aquí os horarios.
Narón, 29 de Abril de 2010.- O Pazo da Cultura acolle dende hoxe a mostra Galicia Dixital, dirixida a mostrar o progreso das novas tecnoloxías e as súas aplicacións. Estará aberta ó público ata o vindeiro 4 de maio, en horario de 9 a 14 e de 17:30 a 20:30 (de luns a venres) e de 10 a 14 e de 16:30 a 20:30 (sábado e domingo).

A través do seguinte enderezo pódese consultar tódala información relacionada con esta exposición: http://galiciadixital.xunta.es A mostra está organizada pola Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Narón. Inclúe outra exposición sobre o 25 aniversario da CRTVG, inaugurada hoxe e que contou coa presenza do director de Comunicación da CRTVG, Fernando Ojea.

Na exposición sobre os 25 anos de vida da CRTVG pódense contemplar a primeira cámara de tv. de estudio (do ano 1985), o primeiro magnetoscopio da Radio Galega, mesas de mezclas, e incluso un plató virtual onde pódese grabar unha noticia e vela por televisión, unha proba que fixeron tanto o Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, coma o delegado territorial da Xunta, Diego Calvo.

Precisamente o representante do goberno autonómico lembrou que é a primeira vez que se unen ambas exposicións, e a mostra da CRTVG ten un valor especial xa que “a tele e a radio galega forman parte da vida de tódolos galegos, e a través dela pódense coñecer mellor, ademáis de interactuar con elas” dixo.

Tanto Diego Calvo coma o Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e a 1ª Tenente de Alcalde, Angeles Díaz, convidaron a tódolos veciños e veciñas de Narón e bisbarra a achegarse ata o Pazo da Cultura para disfrutar destas dúas exposicións. “É un orgullo e unha satisfacción para nos poder facer esta exposición en Narón, na que se presentan as novedades tecnolóxicas e se invita a reflexionar sobre o futuro que ven, e o que nos traen os medios de comunicación”, sinalou Angeles Díaz.

O Alcalde de Narón destacou que é “un recoñecemento importante para nos” o feito de traer estas exposicións ó Pazo da Cultura de Narón. “As novas tecnoloxías son importantísimas para un concello como o noso, e de feito somos un dos poucos concellos de Galicia que dispón dunha concellería específica sobre este tema”, asegurou. Jose Manuel Blanco agradeceu tamén ós directores de colexios e institutos, e ós alumnos/as a súa presenza hoxe nesta inauguración.

Galicia Dixital inclúe diferentes apartados, coma unha pantalla de plasma na que se proxectan os contidos da exposición permanente (ubicada no Mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago), e outras pantallas panorámicas con imaxes das cidades por onde discorren os diversos camiños que levan a Compostela e imaxes das rías, portos deportivos e balnearios de Galicia.

Tamén hai cine en tres dimensións e a visualización de imaxes topográficas da xeografía galega xeradas por ordenador en tempo real, ademáis dun xogo en 3D sobre automovilismo. Os visitantes tamén poderán tirar de xeito virtual do Botafumeiro da Catedral de Santiago, e interactuar co canciño robotizado Axóuxere. No apartado de xogos, invítase a participar nun descenso pola zona histórica dunha cidade galega cun aerodeslizador.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal