Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
SEDES CELEBRA ESTE FIN DE SEMANA A 12ª EDICIÓN DO OENACH ATLÁNTICO
SEDES CELEBRA ESTE FIN DE SEMANA A 12ª EDICIÓN DO OENACH ATLÁNTICO
Se celebrará os días 30 e 31 de xullo, e 1 de agosto. Consulte aquí o programa de actos.
Narón, 28 de Xullo de 2010.- A parroquia de Sedes acollerá os días 30 e 31 de xullo, e 1 de agosto a 12ª edición do Oenach Atlántico, organizado polo grupo de traballo de Sedes en colaboración co Concello de Narón. Esta asociación é a encargada de tódolos detalles do evento, que conta cunha asistencia media mantida ó longo dos últimos anos por riba dos 15.000 asistentes.

Con estas cifras pódese dicir que o Oenach Atlántico estase a converter nun referente etnográfico e cultural da provincia de A Coruña, no que participan arredor de 100 persoas desta parroquia. O obxectivo co que nace é o de incentivar á participación dos veciños entorno á difusión do patrimonio da parroquia, e valorizar os recursos propios do mundo rural.

PROGRAMA DO OENACH ATLÁNTICO 2010

-VENRES 30 DE XULLO
O venres 30 comenza o Oenach sobre as 20:30 h. do serán, coa presentación dos clanes participantes, na que haberá representación da Asociación Terra Copora de Lugo e dos anfitrións de Sedes.

A partires das 22.00 h. A Noite de Música Galiciana pora fin ós actos do venres có concertó de Bonovo e Fía na Roca un dos carteis máis punteiros dentro da música feita no país deste verán.

-SABADO 31 DE XULLO
O Sábado 31 a partires das 10:00 abrirán ó publico a feira de artesanía da madeira e os postos artesáns, así como o museo vivo composto por un centenar de pezas cedidas pola veciñanza de Sedes que terán un horario de 10 a 14 e de 16 a peche.

Tamén pola mañá permanecerá activa a recreación da aldea castreña, con os seus postos, vivenddas, contada de contos, etc., entorno ás 12:30 haberá una pequeña degustación de menú castrexo, onde se poderá degustar as receitas que facían os nosos antergos.

Ás 14 h. o Oenach gastronómico do Porco Celta con menú composto por 1 ración de porco celta ó espeto, una peza de froita, pan, auga ou viño e café a un prezo de 12 €. Con prato e cunca de Buño.

Xa a partir das 16:00h. comenza a Olimpíada de xogos populares e Deporte rural Interterritorial coa participación de equipos da Asociación Terra Copora de Lugo, Civitas Limicorum de Xinzo de Limia e dos castrexos de Sedes. E as 18:00 h. desfile de clanes castrexos e romanos pola parcela da Feira do Trece.
Á 22:30 no Castro de Eiravedra dará comenzó a xa tradicional Noite do Castro coa representación da Obra: O Lume da Lúa, escrita e protagonizada polos vecinos de Sedes e dirixida por Pepablo Patiño Penya e Montse Piñon, para rematar a noite ó pe da capela de Placente teremos un pequeño fin de festa cun petisco a cargo do Grupo de Traballo para o Desenvolvemento socioeconómico de Sedes e coa música en directo do grupo de música tradicional Berros do Castro.

-DOMINGO 1 DE AGOSTO
O Domingo 1 Abrése o Oenach coa Mostra monográfica do Porco Celta e continuará nos mesmos horarios a feira de Artesanía e o museo vivo.
A partires das 11:00 h. a aldea castreña cobrará vida con todos os seus postos e pallozas habitados polos nativos castrexos e visitantes foráneos. Será ás 13 h. cando se levará a cabo a representación a cargo da veciñanza de Sedes da representación do Oenach.
Ás 14 h. Entregaránse os agasallos ós colaboradores de Lugo, Xinzo e Xunqueira de Ambía.

Xa despois do Xantar a partires das 17:00 h. na campa de deporte rural de Aldea Nova Exibición de deporte rural Vasco e ás 19 h. carreira popular que sairá de Aldea Nova e rematará na Feira do Trece.

Ás 20 h. Entrega de Trofeos e do premio Castrexo do Ano que este ano na súa 2ª edición será de carácter póstumo á figura de Julián Bernall veterano e clásico corredor das carreiras ó Castro a que se lle dedica a edición deste ano.
E por último e como peche do Oenach o simbólico acto de apagado de lunes e cita aberta para o ano vindeiro.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal