Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CERTAME EQUINARON 2010 SE CELEBRARÁ O 30 DE MAIO NO RECINTO FEIRAL DO TRECE
A organización establece catro categorías, entre as que repartirá 2.500 euros en premios.
Narón, 4 de Maio de 2010.- A Concelleira de Feiras e Mercados de Narón, Mª del Mar Gómez, presentou hoxe en rolda de prensa o certame ecuestre Equinarón 2010 que terá lugar o vindeiro 30 de maio no Recinto Feiral do Trece, en Sedes. Segundo explicou a edila, a principal novidade desta edición de Equinarón é que as probas se concentran nunha única xornada “a diferencia do ano pasado, que realizamos unha especie de liguilla en catro convocatorias”, dixo. Así, o certame ecuestre prolongarase durante toda a xornada do 30 de maio, contemplándose un total de catro categorías: andadura serrada (a dous tempos), andadura chapeada (a catro tempos), arrastre, e trote de trotóns. En total, a organización entregará 2.500 euros en premios. Ademáis das competicións, está prevista unha exhibición ecuestre a cargo de Tomás Besada, titulada “Soñando a cabalo”. A inscripción é gratuita e pode realizarse no Mesón “A Trasanquesa” (na Feira do Trece) ata unha hora antes do comenzo das probas. É imprescindible presentar a fotocopia do Libro de Identificación Caballar (L.I.C.). Equinarón 2010 é un concurso organizado pola Concellería de Feiras e Mercados do Concello de Narón, en colaboración con Protección Civil de Narón. O orzamento deste evento ascende a 8.000 euros.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es