Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE FIRMA CATRO CONVENIOS CON ENTIDADES DEPORTIVAS DE NARÓN
Son o Club Atletismo Sierra Narón, o Club Balonmán Narón, o Club Arco Narón, e o Club Golf Campomar.
Narón, 5 de Maio de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, asinou hoxe outros catro convenios con entidades deportivas para o fomento do deporte local. En conxunto, o Concello destinará a estos catro clubes un total de 114.000 euros. As entidades que hoxe firmaron os convenios son as seguintes: -Club Atletismo Sierra Narón (26.000 euros). -Club Balonmán Narón (28.000 euros). -Club Arco Narón (25.000 euros). . -Club Golf Campomar (35.000 euros). Logo de rubricar os acordos, o Alcalde de Narón lembrou que o Concello ten feito un enorme esforzo para manter a aportación ós clubes durante este ano 2010, que ascende a 532.000 euros e se materializa en 15 convenios deportivos. Ademáis, Jose Manuel Blanco apuntou que nos Orzamentos deste ano figura 1.600.000 euros adicados a actividades e escolas deportivas municipais. “Queremos seguir nesa liña, porque estamos decididos a manter a calidade de vida dos veciños e veciñas de Narón”, declarou. Pola súa banda, a Concelleira de Deportes destacou as dificultades económicas que está a pasar o Concello debido á crise económica que está a sufrir o país. “Estamos adaptándonos a esta situación, e agradecemos o esforzo que están a facer os clubes neste sentido”, declarou. O presidente do Club de Golf Campomar, Luis Sierra, agradeceu ó Concello a colaboración que está a prestar en momentos difíciles coma ésta “xa que para nos sería moi difícil continuar sen este apoio”, declarou. Tamén o presidente do Club Arco Narón valorou a “axuda inestimable do Concello, porque doutro xeito non sería posible continuar co noso traballo”, asegurou Anxo Grandal.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es