Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A BIBLIOTECA DO CPI DE O FEAL ACOLLE UNHA EXPOSICION SOBRE O EXIPTO DOS FARAÓNS
A BIBLIOTECA DO CPI DE O FEAL ACOLLE UNHA EXPOSICION SOBRE O EXIPTO DOS FARAÓNS
O Alcalde entregou hoxe os diplomas ós escolares que participaron nesta actividade
Narón, 10 de Maio de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e a Concelleira de Ensino, Mª del Carmen Espada, visitaron hoxe a Biblioteca do Colexio Público Integrado (CPI) de O Feal, reconvertida nun lugar adicado ó Exipto dos Faraóns. Esta transformación foi realizada por alumnos/as e mestres de Educación Infantil e Primaria do centro, para darlles a coñecer esta cultura e fomentar o gusto pola lectura, non coma algo imposto senón coma unha actividade lúdica.

A través desta actividade, os escolares ampliaron o seu vocabulario con palabras relacionadas co Antigo Exipto e descubriron un novo xeito de escritura baseada en símbolos (os xeroglíficos). O fixeron mediante unha exposición temática sobre o Antigo Exipto, composta por unha maqueta onde se representan os principais monumentos desta cultura xunto co río Nilo. Tamén se colocaron paneis temáticos e seleccionáronse libros sobre este tema. Todo isto completouse coa construcción dun friso exipcio formado coas fotografías das caras dos propios alumnos/as disfrazados de exipcios, que decora os corredores do centro.

Todo este traballo fíxose durante os últimos seis meses, e completouse coa realización de figuras de plastilina por parte dos alumnos/as de Educación Infantil, representando personaxes do Antigo Exipto. Tamén se confeccionaron traxes exipcios cos que se celebrou este ano o Entroido, facendo unha gran festa exipcia no CPI que incluíu a degustación de comida exipcia.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal