Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PRESENTACION DO 2º TORNEO DE CAZA E DA 16ª EDICION DO CAMPIONATO DE PESCA DE XUVIA
PRESENTACION DO 2º TORNEO DE CAZA E DA 16ª EDICION DO CAMPIONATO DE PESCA DE XUVIA
As competicións se celebran o domingo 16 e luns 17 de maio, organizadas pola Sociedade de Caza e Pesca de Xuvia.
Narón, Xoves 13 de Maio de 2010.- A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, presentou hoxe en rolda de prensa dous eventos deportivos que se celebrarán nesta fin de semana. Trátase do 2º Torneo Cidade de Narón de Caza, nas modalidades San Huberto e Rastro de Xabarín Atraillado, e a 16ª edición do Campionato de Pesca Cidade de Narón.

O Torneo de Caza se celebrará o domingo 16 de maio en Sedes, partindo do recinto feiral do Trece. A organización corre a cargo da Sociedade de Caza e Pesca de Xuvia, e ambas probas son puntuables para a Copa Galicia. A modalidade San Huberto consiste nunha caza con perdiz de granxa, poñéndose a disposición de cada cazador 3 pezas e catro cartuchos. O xurado valorará a actitude deportiva e o comportamento ecolóxico do cazados, e a actitude do can durante a proba, tal e como informou Marcial Ramil, Xuvi de San Hberto de Cans de Parada e presidente do Clube Drahthaar.

O rastro de xabarín dará comenzo sobre as 10:00 da mañá. Tres horas antes, a organización realizará un paseo do xabarín para que logo os cans sigan o seu rastro, valorando a voz, expresividade, e facilidade coa que sigue esa pista, entre outros aspectos. O rastro de Xabarín é unha modalidade que actualmente está en auxe, tal e como indicou o delegado de rastros da Federación Galeta, Emilio Vila.

O representante da entidade organizadora, a Sociedade de Caza e Pesca de Xuvia, Eliseo Faraldo, agradeceu ó Concello a súa firme aposta polo deporte dende sempre e indicou que agárdase a participación de perto de 80 concursantes en total. Tamén se realizará un memorial en honor ós antigos monteiros.

Noutro orde de temas, hoxe tamén foi presentado o 16º Campionato de Pesca Cidade de Narón, organizado pola Sociedade de Caza e pesca de Xuvia. Se celebrará o luns 17 de maio no coto de pesca do río grande de Xuvia. Eloy Saavedra, en nome da organización, lembrou que esta é unha proba de longo percorrido e que está aberta a tódala xente incluso á que non é socia da entidade.

Trátase dun campionato social, aberto e no que se pode participar en tódalas modalidades: pesca con cebo, lanzado e pesca con mosca. O coto de pesca do río Xuvia ten un cupo de 30 persoas e está previsto que ese número se cubra cos participantes. O campionato comenzará entorno ás 9 da mañá e sobre as 13:30 horas deberán presentarse tódalas pezas capturadas para proceder á súa pesaxe.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal