Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS 2010
Foi convocado para homenaxear esta data e tamén o Día de Internet.
Narón, 14 de Maio de 2010.- Os Concelleiros de Cultura e Novas Tecnoloxías de Narón, Guillermo Sánchez Fojo e Paloma González Cuevas respectivamente, entregaron hoxe os premios ós gañadores do I Concurso das Letras Galegas 2010 , convocado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello co fin de homenaxear a figura de Uxio Novoneyra. A convocatoria foi doble, xa que a participación neste concurso fíxose a través de Internet para conmemorar tamén o Día de Internet. Ambas datas coinciden no calendario, xa que se celebran o 17 de maio. Nesta primeira convocatoria do concurso participaron un total de 9 persoas, e ambos concelleiros as felicitaron hoxe por ter formado parte do mesmo. “Felicidades a todos e todas, e os animo a seguir participando porque esta é unha aposta positiva que dende o Concello queremos manter no tempo”, asegurou a Edil de Novas Tecnoloxías, Paloma González Cuevas. Pola súa banda, o Concelleiro de Cultura tamén valorou os traballos presentados a este concurso, e desexou que o vindeiro ano a participación se duplique. A relación de premiados/as é a seguinte: Categoría de adultos 1º premio: Ana Mª García Martínez. Título da redacción: Un día para Uxío 2º premio: Josefa Fernández Rodríguez. Título da redacción: Día das Letras Galegas. Uxío Novoneyra. 3º premio: Cristina Villadóniga Freire. Título: Morrer é ficar morto. Categoría de ESO 1º premio: Lucía Piñeiro Rego. Título da redacción: Letras Galegas 2010. Uxío Novoneyra. O resto de participantes recibiron un diploma acreditativo do seu traballo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal