Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS A FAVOR DOS REFUXIADOS SAHARAUIS
Poden depositarse nos locais municipais de Narón ata o dia 27 de maio.
Narón, 14 de Maio de 2010.- A Concellería de Participación Cidadá de Narón, dirixida por Natalia Hermida, ven de prestar a súa colaboración á asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, no proxecto “Caravana pola Paz”. Trátase dunha iniciativa de axuda ós refuxiados saharauis, segundo a cal se lles enviarán alimentos de primeira necesidade que non sexan perecederos, co fin de facilitar a súa conservación.

Dende o Concello de Narón chámase á colaboración solidaria da cidadanía, que poderá deixar os produtos nas entidades veciñais dende hoxe e ata o vindeiro 27 de maio. Os representantes de Solidaridade Galega co Pobo Saharaui pasarán a recollelos a partires desta data.

Os lugares e horarios de recollida de alimentos son os seguintes:


• A.VV A GÁNDARA: 09:00 a 13:30 Y 16.00 A 22:00 (luns a sábado)
• A.VV VIRXE DO MAR: 10.00 a 13:30 y 17:00 a 21:30 (luns a venres)
• A.VV PIÑEIROS e Asociación Cultura Areosa: 10:00 a 13:00 y 16:00 a 20:00 (luns a sábado)
• A.VV VIRXE DE FÁTIMA: 10:00 a 13:00 y 16:30 a 22:00 (luns a sábado)
• A.VV ALTEA DE XUBIA: 09:00 a 13:00 y 16:00 a 21:00 (luns a venres)
• A.VV CHAFARÍS: 19:00 a 21:00 (martes 18) y 16:00 a 20:00 (xoves 20)
• A.VV ALTO: 17:00 a 19:00 (xoves)
• A.VV STA ICÍA: 16:00 a 20:00 (luns a venres)
• A.VV SAN XIAO: 16:30 a 22:30 (luns a venres) e de 10:00 a 14:00 e 16:30 a 22:00 (fin de semana)
• A.VV O COUTO: 17:00 a 21:00 (luns a domingo)
• A.VV CASTRO: 17:00 a 21:00 (luns a sábado)
• A.VV OS IRMANDIÑOS DO VAL: 09:30 a 13:00 y 17:00 a 19:30 (luns a venres)
• A.VV SAN MATEO: 16:00 a 20:00 (os sábados 15 y 22)
• A.VV ROSA DOS VENTOS: 16:00 a 20:00 (luns a sábado)
• A.VV A NAVEIRA DE DOSO: 18:00 a 24:00 (tódolos días menos os martes)
• LOCAL DA SOCIEDADE CULTURAL A POMBIÑA: 16:00 a 21:00 (luns a sábado), 10:00 a 13:00 e 16:00 a 21:00 (domingos)
• A.VV VIRXE DA O DE PEDROSO: 16:00 a 21:00 (luns a sábado), 10:00 a 13:00 e 16:00 a 21:00 (domingos) (A recollida se realizará no local de A Pombiña)
A relación de productos alimentarios que se poderán depositar nos diversos centros de recollida son os seguintes: arroz, pastas, lentellas, leite en po, aceite de oliva, azucre, sal, fariña, atún, e sardinas en conserva –asi coma calquer tipo de alimento en conserva-. Tamén poderán depositarse menciñas e produtos de hixiene persoal –como champó ou xabón en pastillas-.

A Concelleira de Participación Cidadá de Narón, Natalia Hermida, agradeceu ás entidades de Narón a súa colaboración nesta iniciativa solidaria, cedendo o espazo dos locais para a recollida dos alimentos. Tamén fixo un chamamento á solidaridade dos naroneses e naronesas cos refuxiados saharauis, lembrando que Narón é dende sempre un Concello que se caracteriza por axudar na medida das súas posibilidades ós países e poboacións con maiores dificultades.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal