Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A XUNTA ASINAN UN CONVENIO PARA A PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS NO VERÁN
Narón, 19 de Maio de 2010.- O Concello de Narón e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia veñen de asinar un convenio de colaboración para a participación na prevención de incendios forestais, mediante a realización de tratamentos preventivos en vías, camiños e outras superficies forestais de titularidade municipal. Trátase do segundo ano no que se firma este acordo, a través do cal o goberno local comprométese a manter limpos de vexetación os márxenes e taludes dos montes e das pistas agrícolas, co fin de evitar posibles incendios ou minimizar as súas consecuencias durante a temporada estival. Segundo se recolle no texto do convenio, o Concello “comprométese a xestionar a biomasa vexetal nas vías e camiños forestais da súa titularidade realizando traballos preventivos nos estratos arbóreos, arbustivo e subarbustivo. Os camiños deberán quedar limpos da vexetación con maior facilidade de ignición, mesmo evitando que as polas das árbores superen o límite da aresta do camiño impedindo deste xeito o efecto túnel. Ademáis en caso doutras superficies forestais de titularidade municipal o Concello comprométese a realizar labores preventivos de roza mecanizada en áreas cortalumes”. Para levar a cabo este traballo, o Concello empregará dous tractores desbrozadoras de propiedade municipal, e contará cunha prantilla de catro operarios que se encargarán destas tarefas durante os meses de xullo, agosto e setembro. A cambio, a Xunta de Galicia comprométese a financiar a limpeza destos espazos cunha subvención máxima de 13.650 euros (se abonarán 130€ por hectárea limpa). As actuacións previstas neste convenio enmárcanse no Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2007-2013, no apartado de medidas de silvicultura preventiva. O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, explicou que a colaboración da administración autonómica “é unha pequena axuda, xa que o Concello inviste moitos máis cartos nestos traballos de desbroce, que se realizan durante todo o ano co fin de manter a zona rural no mellor estado posible”. O orzamento destinado a esta actuación ascende a 90.000 euros.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal