Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CREA A ORDE DE DAMAS E CABALEIROS DO PEMENTO DO COUTO
A Festa do Pemento do Couto trasládase ó terceiro domingo do mes de xullo.
Narón, 20 de Maio de 2010.- O Concello de Narón, en colaboración coa Asociación de Veciños do Couto e a Cooperativa do Val, veñen de anunciar a creación da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto. Esta distinción nace co fin de potenciar e darlle maior pulo á Festa do Pemento do Couto, e dar maior sona e realce ó cultivo desta hortaliza e a súa condición de cultivo propio e diferenciado. O nomeamento das damas e cabaleiros do Pemento do Couto se levará a cabo coincidindo coa celebración da Festa do Pemento do Couto, que a partires deste ano se celebrará o terceiro domingo do mes de xullo. Se nomearán dúas persoas (unha por cada sexo) e se lles fará entrega da capa de pano de cor verde –como o pemento- co forro de cor azul –do mesmo tono que a bandeira do Concello de Narón-. No peito luce unha escarapela coa imaxe do pemento do Couto e nas ombreiras sendas escarapelas co escudo do Concello e as chaves da Orde de Cluny. A Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto conta con tres cofrades maiores: o Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, un representante da Cooperativa do Val, e outro da Asociación de Veciños do Couto. Ademáis, o Concello desenvolverá as primeiras Xornadas Técnicas sobre o Pemento do Couto o vindeiro venres 28 de maio, no salón de actos da Cooperativa do Val. O Alcalde de Narón encargarase de abrir o acto, que contará coa intervención de expertos nesta materia. Logo de celebrarse a xornada, tense previsto editar un libro coas ponencias.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal