Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE DIPLOMAS ÓS ALUMNOS DO PLAN INTEGRADO PARA O EMPREGO 2009-2010
Participaron un centenar de desempregados, o 30% dos cales xa atoparon traballo.
Narón, 21 de Maio de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, o Delegado Territorial da Xunta na provincia, Diego Calvo, e a Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Paloma González Cuevas, entregaron hoxe os diplomas acreditativos ós alumnos/as que participaron no programa integrado para o emprego 2009/2010 “Interactúa”, da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia. En total foron 100 as persoas que participaron neste programa, que finalizará o vindeiro 15 de xuño. Ata o de agora, tense acadado un 33% de inserción profesional, aínda que o Concello espera alcanzar o 40% en breve e márcase o obxetivo de chegar ata o 60% xa que esta é unha cifra facilmente alcanzable noutras edicións dos programas de formación laboral e emprego. A este respecto, o Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, declarou que Narón “ten un tecido empresarial propio pero tamén conta cunha parte laboral descoñecida pero moi importante, como son os cursos de formación ocupacional, que están ahí disponibles para todas as persoas que os precisen”. Pola súa banda a Concelleira de Formación Laboral e Emprego asegurou que o obxetivo principal destos cursos foi o de “buscar o mecanismo e os instrumentos de emprego para os beneficiarios. Estos cursos son especialmente importantes porque se analizou previamente qué necesidades tiña a zona a nivel de emprego, e qué formación tiñan os parados. Fixémolo a través de dúas orientadoras de emprego, que dirixiron o camiño dos alumnos e que continuarán á súa disposición para o que precisen”, salientou Paloma González Cuevas. Finalmente o Delegado Territorial da Xunta desexou ós alumnos deste programa de emprego “que os vosos obxectivos de emprego se cumplan. Grazas a este programa, estamos a ver cáles son as necesidades reais dos desempregados e tamén do municipio, e queremos que teñan unha inserción laboral o antes posible”, dixo Diego Calvo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal