Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PAVILLÓN DA GÁNDARA ACOLLE O 18º TROFEO DE NATACION 'CIDADE DE NARÓN'
O PAVILLÓN DA GÁNDARA ACOLLE O 18º TROFEO DE NATACION 'CIDADE DE NARÓN'
Participarán 235 nadadores de 17 clubes de Galicia, Asturias, León e Portugal.
Narón, 27 de Maio de 2010.- O Complexo Polideportivo de A Gándara acollerá o vindeiro sábado 29 de maio o 18º Trofeo Internacional de Natación ‘Cidade de Narón’ que contará coa participación de 235 nadadores/as procedentes de 17 clubes participantes: CN Valongo (Portugal), Fluvial Portuense (Portugal), CN GespaÇos, CN Villa de Navia (Asturias), CN Ponferrada (León), CN Arzua, CN Arteixo, CN Galaico, CN Ferrol, Club Marina Ferrol, CN Portamiñá (Lugo), CN Riveira, SD Boiro, CN Xove, CN Santiago, Club del Mar de A Coruña, e Nautico de Narón.

O trofeo está organizado pola agrupación deportiva Nautico de Narón, que participará con 43 nadadores. Hoxe estiveron na rolda de prensa o seu entrenador, Amando Guerrero, e a Presidenta do Clube, María Suárez. Ambos agradeceron ó Concello o seu apoio na organización deste trofeo, sen o cal “sería imposible de levar a cabo”, asegurou a presidenta do Náutico.

A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, tamén agradeceulles a eles o traballo da sua escola e do clube “que cobra aínda máis importancia tendo en conta as dificultades polas que pasades este ano, coma a folga das instalacións deportivas, ou a crise económica que nos afecta a todos”; declarou.

A inscripción de participantes mellora nesta edición respecto á do ano anterior nun total de 25 deportistas e dous novos clubes (CN Valongo e CN Ponferrada). Entregarase o 18º Trofeo Internacional Cidade de Narón á entidade que obteña maior puntuación na suma de todo o programa deportivo. Ademáis, o clube Nautico de Narón otorgará dous premios a nivel individual: o VIII Memorial Javier Lago, e o V Trofeo Nautico de Narón ás mellores marcas por puntuación da tabla FINA.

Os horarios e as probas son os seguintes:

-Sesión de mañá: dende as 11:00 horas. Probas a disputar: 200 libres, 100 mariposa, 50 mariposa, 100 espalda, 50 espalda, e 8 x 50 libres.
-Sesión de tarde: dende as 17:00 horas. Probas a disputar: 200 estilos, 50 braza, 100 braza, 50 libres, 100 libres, e 4 x 50 estilos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal