Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CELEBRACIÓN DOS 7º XOGOS SOLIDARIOS DA ONG LENA
A cita fixouse para a tarde do sábado 29 de maio, na Praza de Galicia. Poden participar tódolos nenos/as da bisbarra.
Narón, 27 de Maio de 2010.- A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de colaborar coa ONG Lena (con sede en Narón) na organización dos VII Xogos Solidarios, dirixidos a nenos e nenas de Narón e bisbarra, que poden participar xunto cos seus pais, nais e avós. Se celebrarán o vindeiro sábado 29 de maio a partires das 16:00 horas na Praza de Galicia (en caso de choiva, trasladaránse á Casa da Mocidade). Para participar tan só é necesario inscribirse esa mesma tarde nunha mesa que se habilitará na propia praza. Ó rematar os xogos, os nenos/as recibirán unha merenda e unha camiseta da ONG Lena. Os xogos que se levarán a cabo, segundo explicou a presidenta da entidade, Mercedes Taibo, son os tradicionais coma o tiro de corda, brilé, pano, chapa, carreira de sacos, zancos, futbolín, baloncesto, 3 x 3, e un obradoiro de xoguetes. Esta iniciativa nace coa intención de que “os pais e nais se involucren en xoguen cos seus fillos, algo que non se fai habitualmente na sociedade tan individualizada na que estamos “, sinalou Mercedes Taibo. Ademáis, estos Xogos Solidarios serven tamén para dar a coñecer o traballo que leva a cabo a ONG Lena na rexión de LenÇois, en Bahía (Brasil) onde ten un proxecto cultural do que forman parte 160 nenos/as dese lugar. Nacida en 2005, a ONG Lena conta na actualidade con 120 socios de Narón e comarca. A Concelleira de Mocidade fixo un chamamento público a tódolos pais e nais “para que acudan xunto cos seus fillos este sábado á Praza de Galicia, a participar nos Xogos Solidarios”, declarou Natalia Hermida.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal