Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
INAUGURADO O CENTRO INTEGRAL DE ATENCIÓN ÓS MAIORES "MANUELA PÉREZ SEQUEIROS"
INAUGURADO O CENTRO INTEGRAL DE ATENCIÓN ÓS MAIORES
Dispón de 30 prazas de Centro de Día e unha área de servizos lúdicos e socioculturais.
Narón, 26 de Maio de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, inauguró hoxe de xeito oficial o Centro Integrado de Atención a Persoas Maiores de Narón "Manuela Pérez Sequeiros", no que tense invertido un total de 1.616.828 euros. A financiación deste novo servizo público correu a cargo do Concello de Narón, a Diputación de A Coruña, e o plan Proder da Unión Europea. Ademáis, recibiuse unha achega de 350.000 euros adiccionais do Plan E para levar a cabo o acondicionamento do exterior.

O Centro de Maiores, que levará o nome de Manuela Pérez Sequeiros en lembranza á que fora concelleira de Servizos Sociais, Muller e Cultura falecida o ano pasado, divídese en dous áreas diferenciadas: o Centro de Día para persoas dependentes, e a zona de servizos lúdicos e socioculturais.

O Centro de Día ofrece servizos terapéuticos como a hidroterapia, ergonomía, yoga, estimulación, musicoterapia, podoloxía, acupuntura, e salas de descanso e curas. Os interesados poden inscribirse no propio Centro –situado na zona de Vosa, frente ó Pazo da Cultura- ou no Servizo Sociocomunitario Municipal –no 1º andar do Concello-. O número máximo de prazas fixouse en 30.

A área de servizos lúdicos e socioculturais dispón dunha sala social, outra de viaxes e unha terceira de tertulia. Ademáis ofrece áreas de xardinería, novas tecnoloxías e cafetería.

Este Centro de Persoas Maiores cobra unha importancia especial tendo en conta que Narón ten unha tendencia de crecemento estable nos últimos 25 anos e que o 24% dos seus habitantes está por encima dos 60 anos de idade, o que se traduce en 8.500 persoas maiores. A taxa de envellecemento é dun 18,24% e a esperanza de vida medrou ata unha media de 84 anos para as mulleres e de 77 anos para os homes.

As novas instalacións pretenden ofrecer unha resposta eficaz a esta realidade, a través dunha atención integral e secuenciada en base ás necesidades dos maiores. Con este novo servizo o Concello quere garantir a evolución psicofísica da persoa preto do seu entorno familiar, social e funcional, e facelo nun mesmo centro de referencia.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal