Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
EDUCACIÓN VIARIA ESTREA UNHA PÁXINA WEB COAS RUTAS EN BICICLETAS REALIZADAS POLOS ESTUDIANTES DOS COLEXIOS DE NARÓN
EDUCACIÓN VIARIA ESTREA UNHA PÁXINA WEB COAS RUTAS EN BICICLETAS REALIZADAS POLOS ESTUDIANTES DOS COLEXIOS DE NARÓN
Trátase dun banner situado na páxina web do Concello, na parte baixa.
Narón, 31 de Maio de 2010.- A web municipal (www.naron.es) ven de estrear un banner sobre Educación Viaria, no que figuran algúns dos contidos deste programa dependente da Policía Local de Narón, e coordinado polos membros deste equipo (o policía Pedro Caneiro, e o técnico de INEF Simón Cabarcos).

O citado enlace –vinculado á páxina web da Policía Local de Narón- inclúe as dez rutas en bicicleta que realiza o equipo de Educación Vial Municipal con escolares dos 10 colexios do municipio, durante todo o curso lectivo. As rutas son as seguintes: Ruta do Muiños, Santa Margarita –visitando a Fonte, o cruceiro e a casa medieval-, Baltar e praias de Narón, o Camiño Inglés, o paseo de Xuvia-Neda-O Couto, Castro de Eiravedra, Punto Limpo –en Rio do Pozo-, Paseo da Ribeira, Pena Molexa-Castro Vilasuso-Mamoa, e o Museo da Policía –na Estrada de Cedeira-.

No sitio web tamén figuran os contidos que os alumnos/as poden aprender en cada unha destas rutas, e que están relacionados coa historia de Narón. Exemplos disto son os reais establecementos de Xuvia ou o Mosteiro de San Martiño. Todo este material pode descargarse para que os nenos/as poidan repetir as visitas cos seus familiares e/ou amigos, tendo a información necesaria para que sexa o máis proveitosa posible.

Para ilustrar con imaxes estos contidos, o enlace sobre Educación Viaria inclúe un vídeo sobre as rutas en bicicleta, e tamén un archivo de audio coa canción “No sin mirar” (escrita por Mario Manso e interpretada polo grupo vigués The Venus Garden) e a correspondente letra, que fala da importancia de respetar os semáforos.

O equipo de Educación Viaria do Concello de Narón tamén ten editado durante este ano o libro “A enerxía do planeta” no que se recollen unha selección de redaccións escritas por escolares logo de realizar algunha destas rutas.

Por outra banda, o Auditorio Municipal da Praza de Galicia acollerá dende mañá dia 1 de xuño unha exposición de debuxos realizados polos escolares
de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria dos dez colexios de Narón, sobre cómo ven eles á Policía Local. O concurso de debuxos foi convocado con motivo do 50 aniversario da Policía Local de Narón (1960-2010) e participaron 320 estudantes. Os debuxos estarán expostos no vestíbulo do Auditorio do 1 ó 15 de xuño e poderán visitarse en horario de 16:00 a 22:00 horas.

Do total de debuxos, un xurado elexirá ó gañador ó que se lle entregará un premio especial. Ademáis a súa obra se enmarcará e pasará a ocupar un lugar de honor nas dependencias policiais. Tamén haberá outros tres premios.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal