Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A DEPUTACIÓN COLABORAN NA SINALIZACIÓN DOS CAMIÑOS MILENARIOS DO VAL
A parroquia de O Val convertirase nun museo ó aire libre, con paneis e indicadores sobre os elementos históricos máis destacados.
Narón, 2 de Xuño de 2010.- A Concellería de Turismo e o Plan de Dinamización do producto turístico Ferrol-Ortegal veñen de presentar un proxecto para convertir a parroquia de O Val nun museo ó aire libre. Trátase da sinalización dos puntos de maior interés desta zona, pola que discurre o camiño a San Andrés de Teixido e tamén o antigo camiño inglés a Santiago de Compostela. O proxecto materialízase na colocación de maís de 200 puntos informativos ó longo da parroquia de O Val (180 flechas ecolóxicas, máis de 20 mesas e 7 tellados nos que figura información sobre os puntos exactos de interese coma o Pazo Libunca, onde xa están colocadas estas lendas). O coste deste proxecto ascende a máis de 100.000 euros e incluirá a habilitación de 3 centros de interpretación en O Val, e o reparto de trípticos informativos na oficiña de Turismo de Narón. A relación de puntos de interese da parroquia poderá consultarse nas webs do Plan de Dinamización e do Concello de Narón proximamente. O Alcalde de Narón destacou a importancia deste proxecto de musealización do Val, que é único en toda España e hoxe foi presentado polo historiador municipal Andrés Pena. Relación de sinalización interpretativa: • Cartel Pazo Libunca “A capela Sixtina da cerámica de Talavera” • Carteis xerais Itinerarios “O Mar” • Carteis xerais itinerario “A Terra” • Cartel explicativo Castro da Pedreira • Cartel explicativo Pena de Embade • Cartel explicativo Villa Quintá • Cartel explicativo Villa Pradeedo • Cartel explicativo Castro Quintá • Carteis explicativos Evolución do território (do Castro á Villa...) • Cartel explicativo Feira de Madeira • Cartel explicativo Igrexa de santa Margarita • Cartel explicativo Pena Molexa • Cartel explicativo mámoa nº 1 Santa Margarida • Cartel explicativo Pena Lopesa • Cartel Mámoa Arca de Vilarquinte • Cartel O tesouro da Lopesa • Cartel Mámoas e tesouros

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal