Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE SANGUE DE GALICIA LEVARÁ A CABO UNHA CAMPAÑA DE DOAZÓN EN NARÓN
Durante este mes de xuño, unha unidade móbil visitará as parroquias e barrios para levar a cabo esta acción.
Narón, 3 de Xuño de 2010.- O Centro de Transfusión de Sangue de Galicia levará a cabo durante este mes de xuño unha campaña de doazón de sangue no municipio de Narón. O obxectivo es aumentar a cifra de doazóns que durante o ano 2009 víuse reducida nun 9% respecto ó ano anterior. A campaña iniciarase o dia 4 en O Val, e continuará o venres 11 nas parroquias de Doso e Sedes. O luns día 14 estará en A Solaina, e o martes 15 en O Alto, xunto ó Centro de Saúde. Finalmente o 16 de xuño estará en Pedroso e Xuvia. Nas xornadas previas á visita da unidade móbil o Concello remitirá ós veciños unha tarxeta informativa no que se fará un chamamento á súa participación. Está previsto o envío de 8.700 tarxetas deste tipo, segundo informou hoxe na rolda de prensa o Concelleiro de Sanidade, Ramón Padín. O responsable de Promoción do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia, Antonio Carcedo, comentou que o municipio de Narón é un dos que máis ten colaborado con esta iniciativa solidaria. “En Narón hai máis de 2.500 doantes de sangue. Hai un sentimento solidario, pero non hai un compromiso e precísanse en Galicia perto de 500 doazóns de sangue ó día para salvar vidas”, comentou. O Concelleiro de Sanidade animou á poboación que estea en condicións de doar sangue a que o faga debido a que “sabemos que hai moita escasez de sangue sobre todo a do grupo 0 negativo, que é universal”, declarou Ramón Padín.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es