Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN CELEBRA ESTE SÁBADO O DIA DO MEDIOAMBIENTE NA ÁREA RECREATIVA DE PEDROSO
Realizarase unha prantación de árbores, e os asistentes percorrerán un tramo da viaxe en bicicleta.
Narón, 3 de Xuño de 2010.- O Concelleiro de Medioambiente de Narón, Manuel Ramos, presentou hoxe en rolda de prensa o programa municipal para celebrar o Día do Medioambiente, o vindeiro sábado 5 de xuño. As actividades desenvolveranse na área recreativa de Pedroso, e servirán como encontro das persoas comprometidas co medio ambiente. Neste ano, ademáis, chamarase a atención sobre aspectos clave do impacto do ser humano no medio, especialmente o impacto do transporte no equilibrio dos ecosistemas e a recuperación das árbores froiteiras nas zonas periurbanas e rurais. O programa de actividades do Día do Medioambiente é o seguinte: 10:30 horas.- Saída do tren ecolóxico con bicicletas dende o apeadeiro de Feve no Alto ata a área recreativa de Pedroso. A viaxe é gratuita. Distancia: 12 kilómetros. 11:15 horas.- Chegada á Estación de Pedroso. 11:45 horas.- Chegada á área recreativa de Pedroso en bicicleta. 11:45 a 12:30 horas.- Plantación de árbores froiteiras, e presentación da publicación “As ribeiras do Xuvia” para os participantes. 12:00 a 13:30 horas.- Xogos tradicionais autóctonos ambientais, reparto de almanaques e do libro presentado, e realización de obradoiros ambientais. 13:30 horas.- Remate das actividades Ademáis, de 10:00 a 13:30 horas poderá visitarse a Mostra Interactiva do río Xuvia. Na celebración do Dia do Medioambiente colaboran a asociación de veciños Chafarís e a entidade Fororural. O Concello destinará un total de 3.600 euros a esta actividade, aberta ó público en xeral.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal