Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PRESENTACION DO NOVO ESCUDO DO CLUBE 'CIDADE DE NARÓN' DE FUTBOL SALA
PRESENTACION DO NOVO ESCUDO DO CLUBE 'CIDADE DE NARÓN' DE FUTBOL SALA
Leva as trabas e as chaves do emblema do Concello de Narón.
Narón, 3 de Xuño de 2010.- O presidente do clube Cidade de Narón de fútbol sala, Miguel Rodríguez Aneiros, presentou hoxe en rolda de prensa o novo escudo da entidade deportiva. O logotipo ten unhas claras referencias ó Concello de Narón, como son as trabas e as chaves. As trabas son as armas falantes da antiga e poderosa casa de Traba (cuxos Condes fundaron e protexeron o mosteiro de San Martiño de Xuvia) e as chaves son o símbolo heráldico do Mosteiro de Cluny a cuxos monxes débese a valorización e o cultivo de moitas terras do municipio de Narón.

Na parte baixa, o escudo leva o nome “cidade de Narón”, a bandeira de Galicia e a imaxe dun moderno balón de fútbol sala. “Queremos que este clube estea totalmente identificado co Concello e con esta terra”, sinalou o presidente.

Pola súa banda, o Alcalde de Narón definiu coma “un orgullo” que este clube colla o máis significativo do logo do Concello de Narón e engadiu que ademáis “o fai cunha virtude engadida: que non costa nada ás arcas municipais”, dixo Jose Manuel Blanco. O rexedor explicou que esta vai a ser “unha maneira máis de identificar o clube co Concello, e dende aquí seguiremos apoiándolo ó mesmo que ó resto de agrupacións deportivas de Narón”, dixo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal