Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO RECIBE O RECOÑECEMENTO DA FUNDACION ZONASCARDIO POLA INSTALACIÓN DE 8 DESFIBRILADORES
O CONCELLO RECIBE O RECOÑECEMENTO DA FUNDACION ZONASCARDIO POLA INSTALACIÓN DE 8 DESFIBRILADORES
Os equipos están colocados en instalacións municipais coma o Concello, o Pazo da Cultura ou o Pavillón Polideportivo.
Narón, 4 de Xuño de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e o Concelleiro de Sanidade, Ramón Padín, recibiron hoxe da man do presidente da fundación Zonascardio, Javier Muñoyerro, o certificado de recoñecemento por contribuir á cardioprotección a traves da instalación de equipos desfibriladores. O Concello de Narón foi recoñecido pola Fundación ZonasCardio pola súa iniciativa de instalación de desfibriladores e formación en técnicas de Reanimación cardiopulmonar RCP con obxeto de aumentar a seguridade dos seus espacios.

Nesta primeira fase, os desfibriladores colocáronse na Casa consistorial, en instalacións deportivas e centros de maiores e foi impartida a formación correspondente a persoal das áreas de Policía Local, Protección Civil , monitores deportivos e persoal de servizos xerais.

Ademáis deste recoñecemento, Narón é un dos municipios pioneiros que xunto a outras institucións e asociacións públicas e privadas, e representantes de diferentes grupos de interés, apoian o Plan Integral de Cardioproteccion 2010 - 2012, desenvolvido e impulsado en colaboración co Plan nacional de RCP da Sociedade Científica SEMICYUC , Sociedade Española de Mediciña intensiva, Crítica e Unidades Coronarias.

Este Plan integral promove actuacións e proxectos a nivel nacional encaminados a loitar e reducir as mortes por paros cardiacos, en tódolos ámbitos sociais ( institucional, empresarial, deportivo, educativo,.)

Cada ano prodúcense en España máis de 24.500 paradas cardíacas extrahospitalarias, o que equivale a unha media de unha cada 20 minutos, o que ocasiona sete veces máis mortes que os accidentes de tráfico. Ademáis, cada ano, 68.500 pacientes sufren un infarto agudo de miocardio en España, dos que aproximadamente un 30% morre antes de ser atendido nun hospital.
A efectividade da desfibrilación temperá na recuperación dun ritmo cardíaco eficaz é do 90% cando é posible efectuar a desfibrilación no primeiro minuto de evolución.

Débese actuar con rapidez, a ser posible antes dos 3 primeiros minutos. As probabilidades de supervivencia redúcense entre un 7% e un 10% en cada minuto que transcurre dende o paro cardiaco. Tras 10 minutos sen actuación, moi poucas persoas sobreviven.

O Concello ten instalados un total de 8 equipos, para o cal foron investidos 25.000 euros. Nestos momentos están xa instalados e en condicións óptimas para o seu uso, en instalacións deportivas municipais e edificios consistoriais coma o Concello ou o Pazo da Cultura. Para coñecer o seu uso, o Concello formou un total de 42 persoas ás que lles ofreceu un curso con nocións básicas.

O Concelleiro de Sanidade agarda que no vindeiro ano pódase mercar algún desfibrilador máis para continuar ofrecendo este servizo noutras dependencias municipais. Ramón Padín tamén agarda que o recoñecemento obtido polo Concello “sirva para que outras entidades e empresas privadas tamén se conciencien da importancia destos aparellos que poden salvar vidas, e os instalen por exemplo en centros comerciais ou lugares onde pode xuntarse moita xente”; declarou.

O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, asegurou que os concellos non só teñen que facer obra pública senón que tamén están para fomentar políticas sociais que permitan mellorar a calidade de vida e os servizos que se prestan ós habitantes. “Seguiremos dando pasos para mellorar este municipio”, declarou o rexedor.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal