Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PRESENTACION DA I FEIRA DO VIÑO "XUVIÑO 2010" ORGANIZADA ENTRE NARÓN E NEDA
PRESENTACION DA I FEIRA DO VIÑO
Ambos concellos colaboran neste evento, que se celebra no paseo marítimo de Xuvia do 18 ó 20 de xuño
Narón, 8 de Xuño de 2010.- O Salón de Plenos do Concello de Neda acolleu hoxe a presentación de “Xuviño”, a primeira Feira do Viño organizada conxuntamente entre os Concellos de Narón e Neda, e que se desenvolverá no paseo marítimo de Xuvia os días 18, 19 e 20 de xuño.

Este evento plantéxase coma un punto de encontro dos principais bodegueiros do país e de aficionados á cata de viños. Así, daranse cita perto de 25 bodegas –a cifra pode crecer aínda máis nestos días- que participarán coas seguintes variedades de caldos: Ribera del Duero, Rioja, Monterrey, Ribeiro, Alvariño, e Manzanilla.

A organización de Xuviño –na que tamén está involucrada a Asociación de Amigos de Xuvia- pon a disposición de cada un dos bodegueiros unha carpa de 25 metros na que poderán ofrecer o seu viño. Eles deberán abonar un total de 600 euros para participar nesta feira, na que tamén se lles ofrece publicidade do evento, vixilancia dos stands durante os tres días, e aloxamento. Os interesados aínda poden inscribirse.

Xuviño está aberta a todo o público. Para degustar os caldos, deberá adquirirse un bono ó prezo de 5 euros. A cambio pódense probar 6 viños diferentes, e participar nunha degustación gastronómica que variará cada día. Así, haberá pementos do Couto, porco celta e tenreira galega nestas xornadas adicadas ó viño, e que contan cun orzamento global de 45.000 euros.

Tamén haberá charlas diarias sobre a historia e as propiedades do viño. As Concelleiras de Festas de Narón e de Neda, Mª del Mar Gómez e Mª Isabel Fernández Naseiro, convidaron a tódolos veciños e veciñas de ambos concellos e da bisbarra de Ferrolterra a asistir a este evento, para o que hai preparadas perto de 5.000 copas. Ademáis, a edila de Narón destacou a importancia da colaboración entre ambos concellos, que fixo posible que eventos coma éste pódanse realizar.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal