Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ABREN Ó TRÁFICO DUAS NOVAS RÚAS SITUADAS NO BARRIO DO ALTO DO CASTIÑEIRO
ABREN Ó TRÁFICO DUAS NOVAS RÚAS SITUADAS NO BARRIO DO ALTO DO CASTIÑEIRO
Son as rúas Cangas e Tui, e dispoñen de máis de 100 prazas de estacionamento gratuito.
Narón, 14 de Xuño de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, o Concelleiro de Seguridade Cidadá, Ramón Padín, e o Xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita, levaron a cabo hoxe a apertura ó tráfico de duas novas rúas de recente creación, situadas no barrio do Alto do Castiñeiro, nas inmediacións da Casa Consitorial.

Estas rúas, chamadas Cangas e Tui, axudarán a desconxestionar o tráfico rodado desta zona, que experimentou nos últimos anos un crecemento destacado coa construcción de novos núcleos residenciais. Coa apertura dos viais gañarase fluidez na circulación, ó tempo que se crean máis de 100 novas prazas de estacionamento gratuito.

O Concello investiu máis de 250.000 euros nestas obras, con cargo ós fondos municipais. “Pasamos de ter unha zona pechada a manter unha estructura aberta e mellorar a conexión do Alto”, declarou o Alcalde. Pola súa parte, o presidente da AVV Chafarís, do Alto, congratulouse desta apertura ó tráfico dos novos viais “que van a ser de moita utilidade para o barrio”, salientou Manuel García.

Adxúntase mapa explicativo do sentido da circulación por estas rúas, e por outros dous pequenos viais tamén abertos hoxe, denominados rúa Portonovo e rúa Sanxenxo. Case todo este circuito é de un único sentido de circulación, agás a rúa da Garda, que conecta coa rotonda de EPAAT e que nestos días ultímase a súa construcción.


Descarga de archivos
Rúas de nova apertura no AltoTamaño: 1,63 MBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal