Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE NO MUNICIPIO DE NARÓN DURANTE O MES DE XUÑO
CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE NO MUNICIPIO DE NARÓN DURANTE O MES DE XUÑO
O Alcalde e a Concelleira de Ensino e Maiores acudiron a donar sangue á Unidade Móvil situada frente ó Centro de Saúde.
Narón, 16 de Xuño de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e a Concelleira de Ensino e Maiores, Mª del Carmen Espada, acudiron onte a donar sangue á Unidade Móvil de Transfusión de Sangue instalada frente ó Centro de Saúde de Narón, na rúa 25 de xullo. Con este xesto solidario e altruista, trataron de promover a concienciación cidadá na donación de sangue, especialmente necesaria na época do verán porque é cando se rexistra un maior número de accidentes de tráfico, e polo tanto resulta imprescindible aumentar as existencias de plasma.

O Centro de Transfusión de Sangue de Galicia está a levar a cabo mes de xuño unha campaña de doazón de sangue no municipio de Narón. O obxectivo es aumentar a cifra de doazóns que durante o ano 2009 víuse reducida nun 9% respecto ó ano anterior.

A campaña iniciouse o dia 4 en O Val, continuando nas parroquias de Doso e Sedes e nos barrios de A Solaina e O Alto do Castiñeiro, onde chegou onte. No día de hoxe, a Unidade Móvil de Transfusión de Sangue instalouse en Pedroso e Xuvia.

Según datos manexados polo Centro de Transfusión de Sangue de Galicia, en Narón hai máis de 2.500 doantes de sangue, unha cifra nada desdeñable. Sen embargo, en Galicia precísanse actualmente perto de 500 doazóns de sangue ó día para salvar vidas e existe moita escasez de sangue sobre todo a do grupo 0 negativo, que é universal. Por todo isto, levar a cabo unha doazón de sangue resulta un xesto imprescindible na actualidade, para todo aquel que poida facelo. De feito, varios membros da Policía Local de Narón tamén doaron sangue no día de onte, na unidade móvil ubicada frente ó Centro de Saúde.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal