Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
REESTRUCTURACIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL DO CONCELLO DE NARÓN
REESTRUCTURACIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL DO CONCELLO DE NARÓN
O Alcalde designa ós novos delegados das áreas para continuar coa actividade municipal en marcha.
Narón, 17 de Xuño de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, ven de firmar hoxe unha resolución da Alcaldía en virtude da cal noméase ós novos delegados das concellerías de Obras Públicas, Servizos Sociais, Servizos Complementarios, Formación Laboral e Emprego, e Transporte Público. Estas delegacións eran competencia do Partido Popular ata o día de onte, no que se rompeu o acordo de goberno entre Terra Galega (TEGA) e o Partido Popular (PP) asinado en outubro do 2007.

Con esta reestructuración do goberno municipal, as concellerías pasarán a ser atendidas polos edís de Terra Galega, do seguinte xeito:

Concellería de Obras Públicas: Angel Castro Rico (edil de Vias Públicas Rurais)

Concellería de Servizos Sociais Xerais, Servizos de Integración Social e Infancia: Mª del Carmen Espada Cortizas (edila de Persoas Maiores, Igualdade, Ensino e Bibliotecas)

Concellería de Servizos Complementarios: Pablo Mauriz Romero (edil de Servizos)

Concellería de Formación Laboral e Emprego: Jose Luis Suárez Rodríguez (edil de Persoal e Recursos Humanos, Patrimonio e Bens Inmobles, Estatística, e Turismo)

Concellería de Transporte Público: Ramón Padín López (edil de Seguridade Cidadá e Sanidade)

O resto de delegacións (Novas Tecnoloxías, Promoción e Xestión de Polígonos Industriais, e Promoción Económica) serán asumidas polo Alcalde, Jose Manuel Blanco Suárez.

Respecto ó nomeamento dos tenentes de Alcalde, pasa a ser do seguinte xeito:

1º Tenente de Alcalde: Guillermo Sánchez Fojo
2º Tenente de Alcalde: Mª del Carmen Espada Cortizas
3º Tenente de Alcalde: Angel Castro Rico
4º Tenente de Alcalde: Manuel Ramos Rodríguez
5º Tenente de Alcalde: Natalia Hermida Rico
6º Tenente de Alcalde: Mª del Mar Gómez Casal
7º Tenente de Alcalde: Jose Luis Suárez Rodríguez

Sobre os nomeamentos efectuados xa no día de hoxe, o Alcalde de Narón asegurou que a reestructuración responde ó interés do goberno municipal por “traballar sen perder nin un minuto do noso tempo, porque os veciños queren que cumplamos cos proxectos e as obras que están en marcha ou a piques de contratarse, e nós temos que continuar traballando no crecemento de Narón e na mellora da calidade de vida dos seus habitantes”; declarou Jose Manuel Blanco.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal