Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACION DA 4ª SEMANA DE GOLF 'CIDADE DE NARÓN'
Se celebra do 18 ó 27 de xuño nas instalacións do Clube de Golf 'Campomar', en O Val.
Narón, 18 de Xuño de 2010.- A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, o presidente do clube Campomar, Luis Sierra, e a xerente do clube, Noelia Couce, presentaron hoxe en rolda de prensa a IV Semana de Golf ‘Cidade de Narón’ que se desenvolve do 18 ó 27 de xuño no Campo de Golf de O Val. Trátase dun evento co cal se agarda atraer a numerosa xente ás instalacións do clube Campomar, que na actualidade contan cunha cifra aproximada de 390 socios. As xornadas de portas abertas servirán para dar a coñecer este deporte e as instalacións das que se dispoñe en Narón para a súa práctica, tal e como explicou a Concelleira de Deportes. “Animo a tódalas persoas do noso concello a achegarse aquí e visitar estas intalacións, que son maravillosas”, declarou Natalia Hermida, quen agradeceu á directiva do clube o seu constante apoio e o traballo que realizan para fomentar esta práctica deportiva dende a infancia, abrindo o clube á sociedade en xeral. O programa da Semana do Golf inclúe o VI Torneo Cidade de Narón (dias 18 e 19), o VI Campionato Infantil (dia 20), unha xornada e Golf Adaptado (dia 22, na que participarán membros da Asociación Nuestra Señora de Chamorro, e foron convidados tamén a participar membros da Asociación de Minusválidos), unha Xornada de Portas Abertas (dia 23), unha sesión de grabación e visionado da práctica de golf por parte dos socios (dia 25), o Torneo de Noveles (dia 26) e o IV Proam Concello de Narón (dia 27, coa entrega de trofeos prevista para as 18:00 horas).
Descarga de archivos
FOLLETO INFORMATIVO DA SEMANA DE GOLF 'CIDADE DE NARÓN'
Tamaño:490,68 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal