Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA AS COLONIAS DE VERÁN EN ALDEA NOVA E PEDROSO
ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA AS COLONIAS DE VERÁN EN ALDEA NOVA E PEDROSO
Haberá cinco turnos no mes de xullo, e poderán participar nen@s de 4 a 14 anos de idade.
Narón, 21 de Xuño de 2010.- O Concelleiro de Medioambiente de Narón, Manuel Ramos, presentou hoxe en rolda de prensa o programa das Colonias de Verán 2010 que se desenvolverán de xeito simultáneo na área recreativa de Pedroso e no parque temático do mundo rural Aldea Nova (Sedes) do 28 de xuño ó 30 de xullo, en quendas de cinco días de duración.

Os campamentos están dirixidos a nenos/as de 4 a 14 anos de idade, e terán lugar nas seguintes datas:

*Do 28 de xuño ó 2 de xullo.
*Do 5 ó 9 de xullo.
*Do 12 ó 16 de xullo.
*Do 19 ó 23 de xullo.
*Do 26 ó 30 de xullo.

Establécense un máximo de 24 prazas en cada un dos turnos, dividíndo ós nenos/as en 3 grupos en función da súa idade (de 4 a 7 anos, de 7 a 10 anos, e de 11 a 14 anos). O Concello subvenciona un total de 120 prazas, para os nenos/as empadroados en Narón. Deste xeito, a cuota a pagar será de 50€ mentres que os non empadroados deberán abonar 100€.

O prazo de inscripción está xa aberto, e pode realizarse no Servizo Sociocomunitario Municipal (1º andar do Concello) en horario de mañá. Poden obterse máis datos na Oficiña Municipal de Información Xuvenil, no teléfono 981 337700 extensión 1122 ou 1103.

O horario destos campamentos de verán será de 10 da mañá a 7 da tarde, e se realizarán as seguintes actividades: actividades medioambientais, xogos populares, roteiros, obradoiros etnográficos, xogos predeportivos, contacontos, actividades de agro e gandeiría, xogos de supervivencia e orientación, obradoiros de pegadas, rastros e sinais, rutas guiadas, cociña saudable, e cocedura de pan.

As colonias de verán conformar un programa “de educación ambiental e de lecer educativo, que permite a nenas e nenos disfrutar dun días diferentes, cheos de experiencias novas en lugares privilexiados coma a área natural do Rio Xuvia-Chao-Pedroso, ou o parque de natureza e cultura autóctona Aldea Nova. Nestos lugares achegarase ós participantes a un modo de vida rural novo”, comentou o Concelleiro de Medioambiente, Manuel Ramos.

A través destos campamentos de verán, os nenos e nenas coñecen de xeito multidisciplinar un ecosistema rural, aprenden o traballo do campo no novo rural, e promoven os valores e actitudes respetuosos co medioambiente. Tamén se educan en valores e hábitos saudable, e no bo uso do ocio e tempo libre.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal