Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A LUDOTECA MUNICIPAL DE A SOLAINA ORGANIZA OBRADOIROS DE VERÁN
Poden participar nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade, de xeito gratuito.
Narón, 28 de Xullo de 2010.- A Concellería de Infancia de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada Cortizas, continúa co programa de actividades da Ludoteca Municipal de A Solaina para este verán. Durante os meses de xullo e agosto e os primeiros días de setembro, este espacio lúdico e educativo abre as suas portas en horario de 10:30 a 14:00 horas de luns a venres, e as tardes dos mércores de 17:30 a 20:00 horas. A Ludoteca Municipal de A Solaina é un servizo público e gratuito, dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Ademáis, @s nen@s de 2 anos poden acudir acompañados dun adulto, nos horarios de xogo libre. Tódolos socios e socias deben respetar os horarios segundo a súa idade, de forma que poden acudir á ludoteca un máximo de 5 horas semanais repartidas en 3 días. O obxectivo da ludoteca é utilizar o tempo de lecer e o xogo como estratexias de intervención socioeducativa e así contribuir ó crecemento harmónico da personalidade dos nenos e nenas. Ademáis, a Ludoteca Municipal de A Solaina promove a educación en valores coma a igualdade, a cooperación, a solidaridade, a participación e o respeto ós demáis, utilizando sempre o xogo coma elemento metodolóxico. Para poñer en práctica estos principios, a Ludoteca ofrece os seguintes obradoiros para este verán: -Debuxo e pintura (témperas, acuarelas, ceras, lápiz e pintura de dedos). -Manualidades (goma-eva, papiroflexia, barro, e elaboración de xogos e xoguetes con materiais de refugallo). -Maxia. -Experimentos e xogos científicos. -Xogos populares. -Xogos de mesa (axedrez, damas, campionatos de parchís). -Música e baile. -Contacontos. Facerse socio/a da Ludoteca é moi sinxelo. Os pais e nais unicamente deberán cubrir dous impresos que se entregan nestas instalacións, e adxuntar unha fotografía tamaño carnet do neno ou nena que se quere inscribir. (Adxúntase o calendario dos horarios da Ludoteca para este verán)
Descarga de archivos
Tamaño:54,16 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal