Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ROSENDO MERCADO ACTÚA HOXE DENTRO DAS FESTAS DE VERÁN DE NARÓN 2010
ROSENDO MERCADO ACTÚA HOXE DENTRO DAS  FESTAS DE VERÁN DE NARÓN 2010
O artista sustituirá a Miguel Bosé, que a última hora caéuse do cartel por enfermidade. Berrogüeto e Mercedes Peón tamén actuarán este fin de semana en Xuvia.
Narón, 16 de xullo de 2010.- O artista Rosendo Mercado actuará hoxe a partires das 23:00 horas no paseo marítimo de Xuvia, dentro das Festas de Verán de Narón 2010. Sustitúe así a Miguel Bosé, quen a última hora de onte cancelou inesperadamente a súa actuación debido a unha larinxitis.

O concerto de Rosendo, quen presentará os temas do seu derradeiro disco "A veces cuesta llegar al estribillo" terá unha duración aproximada de 2 horas. Ó finalizar, haberá un espectáculo de música disco con 30.000 watios de son.

O Concello de Narón iniciou onte a programación dos festexos de verán, que teñen lugar no municipio do 15 ó 18 de xullo no paseo marítimo de Xuvia. Tódalas actuacións son gratuitas, e a partires das 18:00 horas hai unha feira de artesanía no propio paseo.

O calendario de Festas é o seguinte:

Xoves 15 de xullo
22:00 horas: actuación da Orquestra América.
23:30 horas: actuación do grupo Mago de Oz .
01:30 horas: actuación da Orquestra América.

Venres 16 de xullo
23:00 horas: Rosendo en concerto.
01:00 horas: espectáculo de música disco.

Sábado 17 de xullo
21:00 horas: XX Festival Internacional de Folclore (coa participación de Illa Martinica, Senegal, Indonesia, España e Galicia).
23:00 horas: Sesión de fogos artificiais.

Domingo 18 de xullo
20:00 horas: Festival Folc con Mercedes Peón, e Berrogüeto.

As festas están organizadas pola Concellería de Festas de Narón e o Padroado de Cultura, en colaboración co Xacobeo 2010 e a Deputación de A Coruña.






Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal