Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO AMPLÍA O PROGRAMA DE EDUCACIÓN VIAL ÓS INSTITUTOS DE SECUNDARIA
O CONCELLO AMPLÍA O PROGRAMA DE EDUCACIÓN VIAL ÓS INSTITUTOS DE SECUNDARIA
O IES As Telleiras e o IES Terra de Trasancos ofrecerán educación viaria a partires do vindeiro curso 2010-2011.
Narón, 2 de Xullo de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e os directores dos Institutos de Educación Secundaria (IES) de As Telleiras, Manuel Losada Cabanas, e Terra de Trasancos, José Ricardo Lorente Soto, asinaron hoxe un convenio de colaboración entre o Concello de Narón e ambos centros públicos de ensinanza.

O acordo permitirá a realización do programa de Educación Vial do Concello nestos institutos, así como a realización de actividades formativas relacionadas con esta materia, e dirixidas a alumnos/as destos centros. O convenio para o desenvolvemento do mesmo ten unha vixencia de 3 anos, nos que se realizarán actividades de promoción e desenvolvemento da educación viaria, encamiñadas a lograr a mobilidade segura no municipio naronés.

A este respecto, o Alcalde de Narón destacou a importancia de que “os xóvenes se conciencien de que a educación vial é fundamental nas nosas vidas, e resulta especialmente importante para eles porque van a ser os conductores do futuro”, declarou Jose Manuel Blanco.

Pola súa banda, o xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita, comentou que este alumnado ó que vai dirixido o programa de Educación Viaria nos institutos “é un grupo de risco xa que son os que empregan as motocicletas con máis frecuencia”, sinalou.

En representación dos dous directores dos IES falou Jose Ricardo Lorente, do IES Terra de Trasancos, quen declarou que “ofrecer formación en educación vial supón un cambio de cultura e de mentalidade importantísimo, e de feito para nos é fundamental tanto esta ensinanza coma o feito de traballar en conxunto co Concello de Narón. Agardamos a participación de tódolos rapaces e rapazas e das súas familias neste programa”, concluíu.

O convenio asinado hoxe non supón ningún coste adicional ó convenio firmado o pasado día 14 de xuño cos oito centros de Educación Primaria de Narón. Ademáis, o Concello ten previsto ofrecer o programa de Educación Vial nas tres Escolas Infantís Municipais de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal