A Solaina e as Vivendas da Mariña contarán con 6.500 novos metros cadrados de zona verde e de uso público
O Concello de Narón ven de asinar coas promotoras BCP S.L. e Promociones Fernando Pita S.L.N.E. un protocolo de xestión e desenvolvemento urbanístico de duas unidades de actuación na confluencia do barrio de A Solaina e as Vivendas da Mariña que fará posible urbanizar un área de perto de 19.000 metros cadrados na zona.
A operación, cunha edificabilidade de 17.297 metros cadrados (o que faría posible a construcción de entre 150 e 170 vivendas de tamaño medio) estará ademáis dotada de 3.173 metros cadrados de zona verde e outros tantos de espazo dotacional municipal. Trátase, segundo asegurou trala sinatura do protocolo o alcalde Juan Gato, "dun paso mais na política sostenida de actuación na zona urbana de Narón, na que só no pasado 2005 desenvolveuse solo para máis de 1.600 vivendas". " Séguese a consolidar o obxectivo de cidade de Narón. Tendo en conta as comunicacións presentes e futuras, esta actuación urbanística vai permitir contribuir a facer nun futuro da Estrada de Castela un bulevard comercial e no o único eixo vertebrador do Narón urbán", afirmou o rexedor naronés.
A previsión manifestada tanto polo Concello como polos promotores da actuación é que antes do comenzo deste verán estean xa executados os viais e se dispoña xa das zonas verdes e dotacionais municipais, que inicialmente serán abertas e de uso público.