Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA MUNICIPAL OFRECE UN CURSO GRATUITO DE CONTACONTOS DIRIXIDO A ADULTOS
Se impartirá os días 7, 14 e 21 de xullo en horario de tarde.
Narón, 2 de Xullo de 2010.- A Concelleira de Ensino e Bibliotecas de Narón, Mª del Carmen Espada, ven de anunciar a convocatoria dun Obradoiro de Contacontos dirixido a adultos, que se celebrará na Biblioteca Municipal do Alto, ó igual que en anteriores edicións. Trátase dun cursiño gratuito de 6 horas de duración, que se impartirá os mércores días 7, 14 e 21 de xullo en horario de 18:30 a 20:30 horas na sala multiusos da 2ª pranta da Biblioteca. O obradoiro está dirixido principalmente a persoas relacionadas co mundo do libro, a lectura ou a animación socio-cultural, tales coma mestres, bibliotecarios, monitores de tempo libre, animadores socioculturais, e tamén ó público en xeral e a tódalas persoas que desexen participar no mesmo. O número de prazas está limitado a 15, e serán adxudicadas por rigurosa orde de inscripción. Para formalizar a solicitude, pódese facer acudindo á biblioteca oun ben chamando ó número de teléfono 981 38 21 73 en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal