Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO COMENZA A INSTALAR APARCABICIS EN 11 LUGARES DO MUNICIPIO
O CONCELLO COMENZA A INSTALAR APARCABICIS EN 11 LUGARES DO MUNICIPIO
En total haberá capacidade para aparcar 96 bicicletas.
Narón, 3 de Xullo de 2010.- O Concello de Narón –a través da Concellería de Servizos- iniciou xa a colocación de estacións de aparcamento para bicicletas en diferentes puntos do municipio, sumando en total 96 prazas de estacionamento. En concreto instalaranse aparcadoiros en 11 zonas diferenciadas do municipio, albergando en cada una delas capacidade para 8 ó 10 bicicletas, segundo cada caso.

A relación de puntos nos que se colocarán os aparcadoiros de bicicletas é a seguinte:

-Avenida de Cataluña (frente ó centro comercial e de ocio “Dolce Vita Odeón”), 10 aparcadoiros.

-Exterior do Polideportivo de A Gándara, 10 aparcadoiros.

-Exterior da Casa da Mocidade, 8 aparcadoiros.

-Exterior do Pazo da Cultura, 10 aparcadoiros.

-Exterior da Biblioteca Municipal do Alto, 6 aparcadoiros.

-Exterior da Casa do Concello, 10 aparcadoiros.

-Exterior do Polideportivo Campo da Serra, 8 aparcadoiros.

-Exterior do Pavillón Polideportivo de As Lagoas, 8 aparcadoiros.

-Exterior do Local Social de Piñeiros, 8 aparcadoiros.

-Exterior do Pavillón Polideportivo de A Solaina, 8 aparcadoiros.

-Rúa Marcial Calvo (xunto ó Paseo Marítimo de Xuvia), 10 aparcadoiros.

A intención do Concello de Narón é instalar estos elementos no prazo aproximado dunha semana, para que podan ser empregados canto antes, atendendo á época estival na que nos atopamos. Ademáis, con esta iniciativa trátase de continuar fomentando o uso da bicicleta coma medio de transporte alternativo, tal e como comentou o Alcalde de Narón.

Jose Manuel Blanco lembrou a este respecto o programa de Educación Viaria que ten en marcha o Concello de Narón, en virtude do cal impartirase esta materia en tódolos colexios de Educación Primaria e Institutos de Educación Secundaria de Narón durante os próximos tres anos, con posibilidade de levalo tamén ás Escolas Infantís Municipais de Narón.

Ademáis de ensinar as normas fundamentais de tráfico, este programa de educación vial fomenta o uso da bicicleta a través de rutas con monitores, e a participación dos nenos/as na Marcha Ciclista Escolar que promove tódolos anos o Concello de Narón coincidindo coa finalización do curso escolar,e que reúne a máis dun millar de escolares do municipio.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal