Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PADROADO DE DEPORTES ORGANIZA UN CURSO DE INICIACIÓN Ó PIRAGÜISMO NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
O PADROADO DE DEPORTES ORGANIZA UN CURSO DE INICIACIÓN Ó PIRAGÜISMO NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
É de carácter gratuito e está destinado a nenos/as a partires de 7 anos de idade. Se celebrará do 15 ó 30 de xullo.
Narón, 6 de Xuño de 2010.- O Padroado de Deportes de Narón, en colaboración co Club de piragüismo Narón, ven de organizar un Curso de Iniciación ó Piragüismo que terá lugar no Paseo Marítimo de Xuvia, frente ó Colexio Ponte de Xuvia.

O cursiño terá unha duración de 12 horas, e se desenvolverá do 15 ó 30 de xullo. O número de prazas disponibles é de 12 alumnos/as e para poder participar é imprescindible saber nadar e ter 7 anos de idade ou máis, ou ben cumprir esta idade no presente ano.

O curso é gratuito e as inscripcións poden realizarse nas oficinas do Padroado Municipal de Deportes –situadas no Complexo Polideportivo Municipal da Gándara, na estrada da Gándara nº 148- en horario de 9:00 a 13:00 horas. A data límite para a inscripción no curso de iniciación ó piragüismo é o día 14 de xullo.

Os cursillistas deberán dispoñer do seguinte material: bañador, maias térmicas, chancletas ou preferiblemente escarpines baixos.

Para obter máis información sobre este curso e coñecer os seus horarios, os interesados poden acudir ás oficinas do Padroado de Deportes ou ben chamar ó teléfono 981 38 75 22 no horario de oficina indicado anteriormente.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal