Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
RECEPCIÓN ÓS NENOS E NENAS SAHARAUIS QUE PASAN O VERÁN EN NARÓN
RECEPCIÓN ÓS NENOS E NENAS SAHARAUIS QUE PASAN O VERÁN EN NARÓN
Son 3 nenos e 4 nenas que forman parte do programa "Vacacións en paz" no que participan 7 familias de acollida do municipio.
Narón, 7 de Xullo de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, a Concelleira de Infancia, Mª del Carmen Espada, e concelleiros de tódolos partidos que compoñen a Corporación Municipal de Narón recibiron hoxe no Concello ós 7 nen@s saharauis que pasarán o verán neste municipio, dentro do programa “Vacacións en paz” coordinado pola Asociación de Amigos do Pobo Saharaui.

A Concelleira de Infancia, Mª del Carmen Espada, abríu o acto indicando que este programa é un proxecto de acollida temporal de menores saharauis que se ven desenvolvendo dende o ano 1996 e que permite a estos nenos e nenas pasar os meses de xullo e agosto lonxe das elevadas temperaturas dos campos de refuxiados de Tinduf (onde chegan a rexistrarse máis de 50º). “Grazas a este programa, os nenos e nenas de 8 a 12 anos poden sair dos seus campamentos e ser acollidos por familias que os tratan coma a un e unha máis da casa”, indicou Mª del Carmen Espada. No caso de Narón, este ano foron acollidos 3 nenos e 4 nenas.

Este programa se leva a cabo pola Asociación de Amigos do Pobo Saharaui en colaboración coa Delegación saharaui en Galicia, e permite dar ós nenos e nenas a posibilidade de ter unha experiencia única e coñecer unha nova cultura, un novo idioma, novas costumes e o aprendizaxe das linguas castelá e galega. Tamén permite ós menores realizar revisións médicas para que poidan crecer máis sanos e suplir as carencias nutricionais que poidan ter. Ademáis, ás familias de acollida lles sirve para sensibilizarse sobre a situación do pobo saharaui, e tamén para compartir unha experiencia única.

Por todo elo, o Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, agradeceu ás familias de acollida a súa participación neste programa e tamén á Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui a súa disponibilidade para continuar co mesmo. Ademáis, o rexedor saudou ós nenos e nenas e lles desexou que teñan unha estancia agradable en Narón durante todo este verán.

Os menores saharauis foron obsequiados tamén con diversos agasallos do Concello, coma unha mochila para utilizar durante a súa estancia e na viaxe de volta, un cheque por valor de 60 € para canxear por material deportivo ou escolar, e un paquete de chucherías.


O Concello de Narón ten asinado un convenio de colaboración coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui por importe de 8.500 euros anuais, para levar a cabo o programa “Vacacións en paz”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal