Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO RECOLLEU MÁIS DE 1.400 LITROS DE ACEITE VEXETAL DENDE A INSTALACIÓN DOS CONTENEDORES
O CONCELLO RECOLLEU MÁIS DE 1.400 LITROS DE ACEITE VEXETAL DENDE A INSTALACIÓN DOS CONTENEDORES
Os depósitos de aceite doméstico están repartidos en seis puntos do municipio.
Narón, 6 de Xullo de 2010.- A Concellería de Servizos de Narón, dirixida polo edil Pablo Mauriz, recolleu un total de 1.460 litros de aceite vexetal, procedente de resíduos domésticos, para o seu tratamento e posterior reciclaxe. A recollida foi realizada dende a instalación dos contenedores para estos resíduos, colocados en seis puntos diferentes do municipio fai dous meses.

En concreto, o volume de aceite recollido en cada un deles é o seguinte:

-Contenedor da Praza de Santa Icía: 380 litros
-Contenedor da Praza da Gándara: 400 litros
-Contenedor da Estrada de Castela (á altura do nº 50-52): 170 litros
-Contenedor da rúa 25 de Xullo: 250 litros
-Contenedor da Estrada de Castela (á altura do nº 564 –Piñeiros-): 180 litros
-Contenedor da praza de Xuvia (frente ó Xulgado de Paz): 80 litros

O Concello instalou estos depósitos de resíduos domésticos, con capacidade para depositar ata 500 litros de aceite en cada un deles, co obxectivo de fomentar a reciclaxe deste resíduo. O Concelleiro de Servizos agradeceu o interés da cidadanía de Narón por involucrarse nesta iniciativa que ten como finalidade a preservación do medioambiente, e animou ós veciños a seguir nesta liña.

Ademáis, Pablo Mauriz lembrou que no Punto Limpo Municipal tamén se poden depositar os resíduos de aceites domésticos, ó igual que sucede nos contenedores instalados en distintos lugares de Narón. O Punto Limpo Municipal está situado no polígono industrial de Rio do Pozo (frente a Sogama), e ten un horario de recollida de luns a venres de 10 a 13 horas e os sábados de 9 a 14 horas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal