Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INAUGURA O NOVO LOCAL SOCIAL DE A SOLAINA
Albergará as actividades das asociacións de veciños e de xubilados, e do Clube Tenis de Mesa de Narón.
Narón, 9 de Xullo de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, inaugurará hoxe o Local Social de A Solaina –situado na rúa Mercedes Freire Lago- coa presenza de membros da Corporación Municipal de Narón e de veciños e veciñas deste barrio, que serán os que empreguen a partires de hoxe as novas instalacións. Este espazo público dispón de 1.500 metros cadrados repartidos nunha única pranta, e que darán servizo á Asociación de Veciños Trasancos, á Asociación de Xubilados de Santa Icía, e tamén ó Clube de Tenis de Mesa de Narón. O local conta cunha sala de 425 m2 que se empregará por parte deste clube –tense instaladas 6 mesas de 5x10 metros para practicar o Tenis de Mesa-; unha aula polivalente de 211 m2 convertible en 3 aulas, que empregarán a Asociación de Xubilados e a Asociación de Veciños Terra de Trasancos; outra aula de 91 m2 para realizar clases de pintura para adultos e nenos/as e actividades da asociación de veciños; unha aula de informática de 52 m2, e outras tres aulas que serán empregadas polo Clube Tenis de Mesa (para clases e actividades da entidade deportiva) e que suman 122 m2. Ademáis, o Local Social de A Solaina dispón dunha zona de cafetería de 70 m2, e diversos aseos e almacéns. O Concello mercou este local con fondos municipais, e posteriormente levou a cabo a obra de acondicionamento e reforma interior (presupostada en 707.628€) con cargo ó Plan E. O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, apuntou ó respecto que este investimento “permítenos aos veciños e veciñas gozar dunha nova infraestrutura e continuar á vangarda dos servizos sociais e culturais na comarca. Unha vez máis, dende o goberno municipal promevemos o traballo en equipo, a solidaridade veciñal, a coordinación e o esforzo colectivo” declarou. Respecto ó novo edificio, o Alcalde de Narón engadiu que éste “é un concello con gran cantidade de poboación en idade moza, o máis xoven da comarca, pero a nosa idea é que en centros como este convivan harmónicamente veciños e veciñas de todas as idades, cos seus propios intereses e afeccións. É neste lugar de convivencia onde se fomenta a colaboración entre todos e se constrúe un Narón máis vivo e participativo”, concluíu Jose Manuel Blanco. O Local Social de A Solaina inaugurarase hoxe ás 20:00 horas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal