Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CURSO DE SOCORRISMO ACUÁTICO PROFESIONAL LOGRA A INSERCIÓN LABORAL DE TÓDOLOS PARTICIPANTES
O CURSO DE SOCORRISMO ACUÁTICO PROFESIONAL LOGRA A INSERCIÓN LABORAL DE TÓDOLOS PARTICIPANTES
O Concello e a Universidade da Coruña convocarán unha segunda edición deste seminario, de carácter profesional.
Narón, 14 de Xullo de 2010.- A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, destacou os excelentes resultados conqueridos coa realización do Curso de Socorrismo Acuático Profesional, xa que tódolos seus alumnos/as están traballando actualmente nesta profesión.

O Curso de Socorrismo en Instalacións Acuáticas e Espazos Naturais foi organizado polo Concello de Narón en colaboración co Grupo de Investigación en actividades acuáticas e socorrismo da Universidade da Coruña, e desenvolveuse en Narón do 22 de abril ó 20 de xuño. Participaron un total de 20 alumnos/as, dos que 16 superaron as probas e conseguiron o título de socorrista profesional, o que lles avalou para o traballo que desenvolven na actualidade.

O alumnado recolleu a certificación correspondente o pasado sábado 10 de xullo, de mans do Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e do coordinador do GIAAS, José Palacios, ademáis da propia Concelleira de Deportes. O rexedor municipal destacou a colaboración entre administracións para a realización deste tipo de cursos de formación profesional, engadindo ó respecto que “é unha gran satisfacción para este concello que o 100% dos aprobados nesta primeira promoción estean xa traballando na súa profesión”.

Na mesma liña pronunciouse Natalia Hermida, anunciando que o Concello “manterá o Convenio coa Universidade da Coruña para a celebración deste curso, que nun prazo breve de tempo iniciará a súa segunda convocatoria”. A Concelleira de Deportes amosou o seu interese en que “saia a segunda promoción de socorristas profesionais nos vindeiros meses, para dar un bo servizo á comarca ó mesmo tempo que se lles ofrece unha sáida laboral á mocidade de Narón e bisbarra”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal