Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PRESENTACIÓN DA NOVA PÁXINA WEB DE TURISMO DE NARÓN
PRESENTACIÓN DA NOVA PÁXINA WEB DE TURISMO DE NARÓN
Incorpora redes sociais e conexión en tempo real coa Oficiña Municipal de Turismo.
Narón, 15 de Xullo de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e o Concelleiro de Turismo, Jose Luis Suárez, presentaron hoxe en rolda de prensa a nova páxina web da Concellería de Turismo, que incorpora información sobre os lugares de maior interese turístico do municipio de Narón e aplicacións relacionadas coas novas tecnoloxías. Esta páxina está dispoñible en tres enderezos diferentes:

www.turismodenaron.es
www.turismodenaron.com
www.turnaron.com

Trátase dunha páxina dinámica onde os contenidos son permanentemente actualizados, e que permite “seguir potenciando o coñecemento de narón en tódalas partes do mundo”, tal e como declarou o Alcalde, Jose Manuel Blanco.

Así, o visitante que entre neste espazo web poderá consultar información sobre os lugares de maior atractivo turístico de Narón (coma as praias, a área recreativa do Muiño de Pedroso, o parque temático do rural Aldea Nova, ou o Mosteiro do Couto), ollear as alternativas de ocio que ofrece a cidade (coma as festas de verán, que se inician hoxe mesmo, ou outras festas estivais coma o Oenach Celta, ou a Festa do Pemento do Couto –o domingo 18 de xullo-), informarse de novas relacionadas con Narón, e incluso coñecer as previsións metereolóxicas.

Pero tamén ofrece outros servizos que poden resultar de interese para o viaxeiro, coma unha guía de aloxamentos (hoteis, pensións e albergues) e outra de locais de hostelería onde comer. Ademáis, e de xeito novedoso, permite realizar reservas hoteleras a través da propia web. Polo momento só está adherido un hotel a esta páxina aínda que o Concelleiro de Turismo fixo hoxe un chamamento público ós propietarios de hoteles de Narón que estean interesados en ofrecer ós seus clientes o servizo de reserva de habitacións on-line a través da web municipal de Turismo, ofrecéndolles esta posibilidade de carácter gratuito, ó mesmo que ós establecementos hosteleiros.

A páxina de Turismo conta incluso cun canle de chat no que se pode falar en tempo real coa Oficiña Municipal de Turismo (situada na glorieta de Freixeiro, e aberta en época de verán) para formular as consultas que se precisen sobre temas relacionados co turismo. Esta páxina está dispoñible tamén en Facebook (onde xa ten máis de 400 seguidores), Twitter e Tuenti, e coma novidade inclúe un enlace a Youtube con vídeos sobre o municipio.

O xerente de empresa Eventi e responsable da creación desta páxina, Víctor Carneiro, engadíu que esta páxina web tamén se pode conectar a teléfonos móviles e dispositivos PDA, permitíndo contactar directamente cos establecementos hoteleros e coa Oficiña Municipal de Turismo de Narón



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal