Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
OS INSTITUTOS DE NARÓN ACOLLERÁN ESTE ANO O 23º CONGRESO DE ENSINANTES DE CIENCIAS
OS INSTITUTOS DE NARÓN ACOLLERÁN ESTE ANO O 23º CONGRESO DE ENSINANTES DE CIENCIAS
Se celebra en novembro e reunirá a 400 mestres de Ciencias de España e Portugal.
Narón, 16 de Xullo de 2010.- Os Institutos de Educación Secundaria (IES) de As Telleiras e Terra de Trasancos acollerán do 11 ó 13 de novembro o XXIII Congreso de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA), que contará coa participación aproximada de 400 mestres da comunidade galega, do norte de España e incluso de Portugal.

Estee congreso foi presentado hoxe en rolda de prensa polo presidente de ENCIGA, Paulino Estévez, ademáis dos directores dos IES As Telleiras (Manuel Losada) e Terra de Trasancos (Carlos Lorente), que forman parte da organización. O presidente da entidade agradeceu ó Concello o seu apoio para levar adiante esta iniciativa, coa que se pretende falar de cuestións relacionadas coas Ciencias (Matemáticas, Física e Química, ou Medioambiente son algúns dos temas sobre os que versarán as ponencias) pero tamén haberá tempo para coñecer a realidade social e a historia do municipio que acolle o congreso, neste caso Narón.

Os tres conferenciantes que participarán nesta edición do Congreso Enciga serán os profesores universitarios Victoriano Urgorri (quen falará sobre a biodiversidade da ría de Ferrol), Elena Vázquez Abad (sobre Matemáticas) e clausurará Bernardo Adeva Andany (sobre Física).

A Concelleira de Ensino, Mª del Carmen Espada, destacou o grande nivel que ten este congreso, salientando que se trata “dun evento dunha importancia extraordinaria, que reunirá a cerca de 400 profesores de Galicia, norte de España e Portugal”.

O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, engadíu que a celebración deste congreso en Narón “é unha maneira máis para dar a coñecer a nosa cidade entre os turistas, que van a descubrir paisaxes e lugares que moitas veces pasan desapercibidos para nos pero que son auténticas xoias da natureza. Dende o Concello traballamos para potenciar esos lugares”, salientou.
O rexedor agradeceu tamén o apoio dos directores dos IES de Narón de cara á celebración deste congreso, e a súa implicación co Concello.

ENCIGA

Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA) é unha asociación sen ánimo de lucro, que ten entre os seus fins a mellora da calidade do ensino na área das ciencias. Dende fai 22 anos, veñe organizados o Congreso de Ensino de xeito ininterrumpido. ENCIGA fundouse no ano 1988 e nace coma unha asociación de profesores que tentan mellorar a calidade no ensino na área de ciencias, nos niveis educativos non universitarios. Para conseguir o seu obxectivo fundamental, tenta de impulsar e dinamizar os traballos de investigación educativa e intercambio de información entre os asociados.

O Congreso Anual de Ensinantes de Ciencias é o acontecemento anual da asociación, que ademáis do fin formativo, ten un obxetivo claramente social: o achegamento e intercambio de experiencias entre tódolos asistentes. O enderezo web desta asociación é o seguinte: www.enciga.org



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal