Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NOMEAMENTO DE DAMAS E CABALEIROS DA ORDE DO PEMENTO DO COUTO
O Couto acolleu a 12ª edición da Festa de Exaltación do Pemento do Couto.
Narón, 19 de xullo de 2010.- Máis de 300 persoas participaron onte na 12ª edición da Festa de Exaltación do Pemento do Couto, que acolle a parroquia de O Couto o terceiro domingo do mes de xullo. Nesta ocasión, a celebración cobrou un carácter especial xa que se nomeou ós primeiros membros da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto. Elexíronse a tres persoas, que foron distinguidas con este nomeamento, por parte do Concello de Narón, da Asociación de Veciños do Couto, e da Cooperativa do Campo do Val. O Concello de Narón elexíu a don Antonio Martínez Aneiros por ser o primeiro alcalde de Narón na democracia (a primeira Corporación Democrática foi constituída no mes de abril do ano 1979). Por parte da Asociación de Veciños do Val, nomeouse a dona Mercedes Acción, veciña desta parroquia, pola súa dedicación e entrega desinteresada nas distintas edicións da Festa do Pemento. E finalmente, a Cooperativa do Val distinguíu a don Juan José Fraga Rico, por ser un dos productores de pementos máis implicados na promoción exterior deste producto. Os galardoados recibiron a Capa de cor verde, coa que se distingue ós membros desta recién creada Orde gastronómica. Ademáis, foron condecorados co Pemento de Honra e prestaron xuramento da súa condición de membros desta orde, comprometéndose á difusión do Pemento do Couto. O Concelleiro de Cultura e Alcalde accidental, Guillermo Sánchez Fojo, foi o encargado de tomarlles xuramento, mentres que o Presidente da AVV do Couto, Anselmo Beceiro, e o xerente da Cooperativa do Val, José Leira Castro, impuxéronlles a Capa. No acto tamén estiveron presentes algúns dos galardoados co Pemento de Honra nos últimos dez anos, coma Julio Bellas (ano 2003), Josefa Braña (ano 2005), Enrique Gómez (ano 2006), Guillermo Manso (ano 2007), e José García (ano 2009). Antes do nomeamento de Damas e Cabaleiros da Orde do Pemento do Couto, o historiador municipal Andrés Pena Graña encargouse de ler o pregón inaugural desta Festa, resaltando as cualidades alimentarias que ten este producto. O historiador asegurou que o Pemento do Couto ten unhas excelentes ventaxas para a saúde, coma que axuda a baixar o colesterol ou que aporta unha grande dose de vitamiñas. Á hora do xantar, máis de 300 comensales degustaron un menú a base de churrasco, patacas, pementos, pan, viño e café. A organización servíu perto de 400 kllos de carne e 200 kilos de pementos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal