Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONSTITUÍDA A ENTIDADE DE CONSERVACIÓN DO POLÍGONO INDUSTRIAL DE RIO DO POZO
Encargarase de prestar servizos comúns ás empresas que integran o parque empresarial.
Narón, 30 de xullo de 2010.- O Auditorio Municipal da Praza de Galicia acolleu na tarde de onte o acto de constitución da xunta directiva da Entidade de Conservación do Polígono de Rio do Pozo. Perto de 50 empresarios participaron nas votacións, da que saíu elexida a seguinte directiva: PRESIDENTE: Carlos Yañez Pérez (Artabro Samdeu) VICEPRESIDENTE: Cándido Hermida Rico (Industrias Cándido Hermida) SECRETARIO: Manuel Viladóniga Amor (Electro-Rayma S.L.) TESOUREIRO: Jose Antonio Cheda Porta (Neira&Ortegal S.L.) VOCAIS: Francisco Fernández Freire (Maderas del Noroeste) Francisco Carballo Otero (Peldaños Sergio S.L.) David Santé Riveira (Urbanizaciones y Promociones Santé S.L.) Ricardo Tuimil Martínez (Tuimil Electricidad S.A) O acto estivo presidido polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, quen lembrou os oríxenes do polígono de Río do Pozo. "A posta en marcha deste polígono que naceu na década dos 80, supuxo un antes e un despois no desenvolvemento de Narón como cidade. Rio do Pozo foi o embrión da verdadera reindustrialización da bisbarra, converténdonos na cabeceira industrial das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal" lembrou o rexedor. Jose Manuel Blanco tamén tivo palabras de ánimo e alento para os empresarios nesta nova singladura que iniciarán coa Entidade de Conservación de Rio do Pozo. "Dende aquí, anímovos a participar na culminación deste proceso, que iniciamos coa aprobación dos Estatutos da Entidade de Conservación e hoxe finalizamos coa creación da Entidade que encargarase de dar cobertura ás necesidades de mantemento do polígono de Río do Pozo. Un fito pioneiro na nosa bisbarra, como tantos outros que temos feito ó longo destas dúas décadas en Narón" comentou. O Alcalde de Narón destacou a importancia de contar cun órgano como éste, que "conlevará importantes melloras para este parque empresarial, no que se prestarán servizos básicos de mantemento e conservación, coma a seguridade e vixianza das zonas comúns de Rio do Pozo. Tamén está previsto o fomento da convivencia social dos seus asociados, creando novos servizos que poidan beneficiar a empresarios e traballadores deste polígono" concluíu. Na constitución da Entidade de Conservación de Río do Pozo tamén participou Juan Carlos Revilla, especialista nesta materia e técnico da Entidad Pública del Suelo -SEPES- quen ofreceu o seu asesoramento ós empresarios.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal