Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PASEO MARÍTIMO DE XUVIA ACOLLERÁ A 1ª REGATA DE PIRAGÜISMO 'CIDADE DE NARÓN'
Se celebra o día 8 de agosto, coa participación de máis de 200 deportistas de Galicia.
Narón, 30 de Xullo de 2010.- A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida Rico, presentou hoxe en rolda de prensa a I Regata de Piragüismo ‘Cidade de Narón’ que se desenvolverá o domingo 8 de agosto en augas do río Xuvia, ó carón do paseo marítimo. A proba iniciarase ás 15 horas, e finalizará entorno ás 17 horas. Sobre as 18 horas está prevista a entrega de premios. A organización desta regata corre a cargo do Clube de Piragüismo Narón, cuxo presidente, Antonio Castro, acompañou hoxe á edila de Deportes de Narón na rolda de prensa. Castro explicou que haberá dúas categorías (alevíns e benxamíns) e que se disputarán un total de 4 regatas diferentes, nas dúas horas que está previsto que dure a proba. Os palistas –máis de 200, procedentes de tódolos clubes de piragüismo de Galicia- realizarán un percorrido órredor da ría de Xuvia. En representación do clube local de Narón acudirán unha veintena de nenos pertencentes ó Clube de Piragüismo Narón, que veuse reforzado este ano coa nova directiva, tal e como explicou a Concelleira de Deportes. A I Regata de Piragüismo conta coa colaboración do Padroado de Deportes de Narón e da Federación Galega de Piragüismo, quen está a xestionar tódalas inscripcións neste evento deportivo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal