Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA NAS ACTIVIDADES DE ENVELLECEMENTO ACTIVO PARA O CURSO 2010-2011
O pago pode realizarse na Caixa do Concello. Convócanse as actividades de Ioga, Ximnasia Rehabilitadora, e Cursos de Memoria.
Narón, 30 de Xullo de 2010.- A Concellería de Persoas Maiores de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, ven de abrir o prazo de matrícula nas actividades de envellecemento activo para o curso 201-2011. Incluídas no Programa de Atención ás Persoas Maiores, estas actividades desenvolveránse nos centros municipais da Terceira Idade co obxectivo de mellorar a calidade de vida deste colectivo. O Concello convoca tres actividades diferentes para o vindeiro curso: ioga, ximnasia rehabilitadora, e cursos de memoria. Os/as interesados poderán facer o pago da matrícula na Caixa do Concello (situada na pranta baixa do edificio consistorial). Haberá dous turnos dependendo da preferencia que teña cada persoa, nos seguintes prazos: Ioga -Inicio con preferencia: Prazo de inscripción aberto ata o 20 de agosto. As persoas que estean matriculadas e teñan pagado o mes de xuño de 2010, e teñan o resto das cotas ó día poderánse matricular con preferencia na actividade se pagan o mes de setembro (ou o mes de outubro no caso de San Mateo). -Prazas vacantes: Para maiores de 60 anos: do 23 ó 27 de agosto Para menores de 60 anos: do 30 ó 31 de agosto Ximnasia rehabilitadora -Inicio con preferencia: A tódalas persoas que estean matriculadas e teñan pagado o mes de xuño de 2010 e o resto de cotas ó día, poderáselles matricular con preferencia na actividade se pagan o mes de setembro. O prazo de inscripción está aberto ata o 20 de agosto de 2010. Ó inicio da actividade, deberán presentar ó monitor/a un novo informe médico no que conste a necesidade de realizar esta actividade e non estean imposibilitados física ou psíquicamente para realizala. -Prazas vacantes: Para maiores de 60 anos: do 23 ó 27 de agosto Inscripción a través da educadora social. Deberán aportar a mesma documentación. Curso de memoria -Inicio con preferencia: A tódalas persoas que estean matriculadas e teñan pagado o mes de xuño de 2010 e o resto das cotas ó día, poderáselles matricular con preferencia na actividade se pagan o mes de setembro. O prazo de inscripción finaliza o día 20 de agosto. Deberán presentar un informe médico no que conste a necesidade de realizar esta actividade, e conforme non están imposibilitados física ou psíquicamente para realizala. -Prazas vacantes: Para maiores de 60 anos: do 23 ó 27 de agosto. Incripción a través da educadora social. Deberán aportar a mesma documentación. Tódolos grupos de actividades comenzarán as clases en setembro, ata xuño de 2011.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal