Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
Adxudicadas as obras para eliminar o fibrocemento no saneamento da Solaina
A empresa mixta de xestión de augas, COSMA, ven de adxudicar as obras de reposición de instalacións de abastecemento e saneamento na Avda da Solaina, así coma nas rúas Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Cardenal Cisneros, Cristóbal Colón y Francisco Pizarro. Ilo significa que Narón reducirá no vindeiro ano significativamente a presenza do fibrocemento nas conduccións de auga naquelas zonas aurbanizadas antes da década dos oitenta nas que aínda perviven conduccións de auga fabricadas con ateriais hoxe prohibidos. O Consello de Administración de COSMA ven de aprobar a adxudicación das obras á empresa COINUSA, única concursante que presentou ofertas a un concurso que supón investimentos de perto de 1.900.000€. Entre as melloras adicionais para o barrio que suporán as obras adxudicatas figuran a canalización do servizo de alumenado público, a dotación de novos mobiliairos urbáns e a execución da rúa Compostela. A adxudicación das obras foi aprobada por maioría polos membros do Concello de Administración da empresa mixta de sextión de augas, a excepción do voto en contra do representante do Partido Popular. Na mesma sesión fíxose efectivo o cesamento de xeito voluntario da actual xerente de COSMA, Paula Salgado, quen por motivos persoais deixará en breves datas o posto en mans de José Manuel Mascote.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal