Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PROMOVE A RECUPERACIÓN DOS TOPÓNIMOS DOS CAMIÑOS DE NARÓN
A identificación dos lugares realizase en colaboración coas asociacións de veciños do municipio.
Narón, 3 de Agosto de 2010.- O Concello de Narón está a promover un ambicioso proxecto de Reordenación Territorial, de cara á recuperación dos topónimos do municipio e á correcta numeración de vías e camiños, especialmente na zona rural. Esta iniciativa está incluída no proxecto de Cartografía Dixital do Concello, que dispón dun orzamento conxunto de 81.200 euros e que suporá unha revolución tecnolóxica na prestación de servizos municipais coma a identificación de parcelas ou o catastro. O proxecto de Reordenación Territorial estase a levar a cabo por parte do Departamento de Estadística do Concello. O edil delegado da área, José Luís Suárez, e o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, mantiveron hoxe unha xuntanza co presidente da Asociación de Veciños de San Mateo, Jose Fernández Hermida, para comenzar a traballar nesta materia. A intención do Concello é implicar a tódalas asociacións veciñais no nomeamento de vías e camiños, empregando antigos topónimos caídos en desuso. Para elo, faise imprescindible a colaboración cidadá, tal e como recalcou o Alcalde. “Queremos recuperar a medio prazo os topónimos do noso municipio, e para elo estamos a empezar polas parroquias máis pequenas, para logo continuar con outras de maior superficie, e finalizar na zona urbana, onde tamén traballaremos neste campo”, declarou José Manuel Blanco. O rexedor agarda que o novedoso e complexo proxecto “dé un bo resultado, e que sirva para que os veciños e ó mesmo tempo os servizos postais sepan con exactitude o nome e a numeración de cada unha das vivendas”, declarou. O contacto coas asociacións de veciños comenzou no día de hoxe, durante a reunión co representante de San Mateo. Pero seguirá en sucesivas datas coas parroquias de O Val, Castro, San Xiao, Sedes, Pedroso, Doso, e finalmente coa zona urbana. A cada unha destas asociacións se lles está enviando dende o Concello un mapa dixital da súa parroquia, feito a partires de fotografías aéreas que foron dixitalizadas e volcadas no programa de Cartografía Dixital, e forman parte do Trameiro –mapa dixital de Narón-. Máis sobre o Trameiro O Trameiro será unha ferramenta de traballo útil para tódolos departamentos do Concello, entre eles o de Estatística. Unha vez que estea operativo, poderase contar no Consistorio cunha cartografía analítica a escala 1:1000/1 metro dos diversos núcleos urbáns, así como a escala 1:2000/2 metros da totalidade do termo municipal de Narón. Permitirá, entre outras funcións, localizar as fincas e vivendas de todo o municipio e reordenar a numeración das propiedades da zona rural, asinándolles un orde correlativo e identificándoas co catastro. Tamén poderán identificarse as vivendas por distritos, seccións e viais. Antes de poder utilizalo, o Concello quere consensuar coa cidadanía de Narón –a través das asociacións veciñais- o nomeamento que se lle dará ós diferentes lugares que integran o termo municipal, tal e como se fixo hoxe co presidente da AVV de San Mateo. A proposta será levada a Pleno Ordinario para a súa aprobación por parte da Corporación Municipal de Narón. Posteriormente daráselle conta tamén ó Instituto Nacional de Estadística (INE) para a súa incorporación na base de datos. Finalmente, o Concello adaptará tamén a súa base de datos para incorporar estos cambios.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal